Volven Luis Davila e Carlos Blanco con ‘Menú da Noite’
O debuxante de Bueu, Luis Davila, e o actor arousán, Carlos Blanco, volven a unir os seus talentos nun novo espectáculo. Despois do grande éxito de ‘Menú do Día’, esta fin de semana presenta ‘Menú da Noite’. As funcións serán o venres 17 ás 20:30 e o sábado 18 ás 20:30 e ás 22:30 horas.
En ‘Menú da Noite’ viaxan a Broadway e ata bailan claqué. A proposta é un xoguete escénico con música de Budiño e Kepa Junquera, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo. Unha montaxe que volve unir humor e debuxo e co que temos as risas aseguradas.
Beatriz Carvajal e Sergio Pazos son os protagonistas dunha comedia baseada en feitos reais
O vindeiro sábado 25 de xuño chega ao Teatro Colón ‘Los Diablillos Rojos’, unha atolada comedia que pon enriba do escenario dous casos de psiquiatría baseados en feitos reais. Beatriz Carvajal comparte por vez primeira cartel coa súa filla Montse Plá xunto ao galego Sergio Pazos e Javier Lago.
Beatriz Carvajal interpreta a Toñi, unha muller madura que, a consecuencia de varios traumas que sufriu ao longo da súa vida, padece unhas sorprendentes visións duns diaños que a fan gozar como nunca o puido facer na realidade. Debido a este trastorno é ingresada de urxencia nun hospital público onde coñece a Andrés, que interpreta Javier Lago, outro paciente que ten síndrome de Cotard.
Arturo Roldán –médico psiquiatra e psicoanalista- e Eduardo Galán –profesor e home de teatro- asinan este texto, que foi para ambos un pracer escribir ‘ha sido para nosotros un placer colaborar en la escritura de esta comedia centrada en la soledad y el amor como auténtica terapia para curar nuestras enfermedades’.