Volven Bertín Osborne e Paco Arévalo cunha nova aventura de Mellizos

• O dúo cómico presenta o seu espectáculo ‘Por humor al arte’ do xoves 11 ao domingo 14 de agosto
Por humor al arte é o novo espectáculo de Bertín Osborne e Paco Arévalo, a terceira parte da aventura que iniciaron xuntos no 2013 con Mellizos: 2 caras duras en crisis. Nesta última proposta volven a confiar na fórmula que lles trouxo o éxito: cancións e humor. ‘Por humor al arte’ poderá verse no Teatro Colón o xoves 11 e o venres 12 ás 20:30 horas, o sábado 13 ás 19:00 e ás 21:30 horas e o domingo 14 ás 20:30 horas.
No espectáculo os dous humoristas tratan de explicar por que seguen xuntos partindo de que o público é o máis importante para eles. Manteñen a estrutura das propostas anteriores con cancións e música en directo, pero haberá tamén novas historias e imprevistos, xa que a improvisación segue sendo clave no show. Máis de 500.000 persoas ao longo de 400 representacións, un éxito que xustifican na complicidade que teñen os dous sobre o escenario e que se debe a que os une unha boa amizade.
A Osborne e Arévalo úneos unha relación de máis de trinta anos e coñécense tanto como se fosen realmente mellizos. A idea desta divertida e disparatada obra xurdiu por casualidade, Bertín comentoullo a Paco en broma e éste encargouse de organizalo todo para que o espectáculo vise a luz. Sen dúbida, esta estreita relación marca o carácter da proposta.
As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche.