O venres 1 de abril ás 20:30 horas chega ao Teatro Colón ‘Pánico’, adaptación da comedia do autor finés Mika Myllyako que trata a través da relación de tres amigos dous temas tan esencias para a especie humana como son o amor e o medo.
Mon Ceballos, Felipe Andrés e Guillermo Ortega dan vida aos tres amigos protagonistas desta historia. Os tres personaxes vense forzados, por diversas circunstancias, a medrar interiormente, a vida obrígaos a deterse e a reflexionar. Desa situación de cambio e de ruptura xorde o medo, que aos poucos se vai convertendo en pánico.
O humor desta comedia nace da inestabilidade emocional dos tres protagonistas, que exhiben as súas neuroses a medida que se suceden as disparatadas situacións que presenta a trama. Conforme vai avanzando a comedia vai adquirindo tinturas escuras, viaxando da superficie á profundidade e convidándonos a rir e a reflexionar.
A adaptación dun clásico para toda a familia
O sábado 2 de abril ás 18:00 horas, coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil, a compañía Pupaclown leva a escena a adaptación do clásico ‘Los siete cabritillos’. Unha proposta para ver en familia e especialmente recomendado para nenos e nenas maiores de tres anos.
A compañía Pupaclown conta cunha dilatada traxectoria no teatro destinado ao público infantil e familiar. Dende a súa creación no ano 2010 puxeron en escena seis espectáculos baseados en contos tradicionais, núcleo do traballo da compañía polo seu valor psicolóxico e terapéutico no crecemento dos nenos e das nenas.
‘Pánico’, unha comedia sobre o amor e o medo