O Teatro Colón acolle a oitava edición do Festival Galego de Cabaré. Cinco días de música, danza e diversión que comezan o MÉRCORES 24 DE SETEMBRO ÁS 21.00 horas cun percorrido polas músicas e estéticas de primeiros do Século XX e arredor de todo o globo da man de diferentes propostas musicais e escénicas que nos levarán a unha viaxe moi especial.
O XOVES 25 DE SETEMBRO ÁS 21.00 horas será a quenda do COLECTIVO FEMME FATALE coa estrea de BABEL. CANTO DE SEREAS, unha proposta inspirada na estética e linguaxe de Won Kar Wai e que pivota arredor da creación literaria, as perversións sexuais e o suicidio como liñas dunha historia retrofuturista nunha cidade imaxinaria chamada Babel, onde non existen as convencións sociais e onde as cousas amósanse tal e como son.
O VENRES 26 DE SETEMBRO ás 21.00 horas LA TUERKA TEATRO tráennos unha cita moi especial, a gala solidaria CON MARTÍN A RÍO 2016, co obxectivo de apoiar a carreira deste deportista natural de Corme e a súa participación nos vindeiros xogos paralímpicos.
THETETA’S VAN, 3DTRANS, ESTHER CARROD´EGUAS, o monologuista JOSE CARLOS ILLANES ou a compañía de danza contemporánea AMPARO NOVAS son algúns dos participantes no MARATÓN DE CABARÉ E CAFÉ CANTANTE, que terá lugar o SÁBADO 27 DE SETEMRO ÁS 21.00 horas. O Festival péchase o DOMINGO 28 DE SETEMBRO ÁS 21.00 horas co espectáculo para nenos MÁXICO CIRCUS CABARET. Non vos perdades esta cita coa música, o teatro e o humor máis irreverentes.
8º FESTIVAL GALEGO DE CABARÉ