O TEATRO COLÓN E A ASOCIACIÓN ALAS PRESENTAN O CICLO “COLÓN QUEER”, CENTRADO NA TEMÁTICA LGTBI+

Dentro da liña de responsabilidade social e compromiso coa sociedade que o Teatro Colón ven desenrolando, hoxe presentábase aos medios unha nova proposta no Teatro Colón, baixo a dirección e coordinación da Asociación ALAS Coruña: o Ciclo Colón Queer.

O proxecto Colón Queer nace coa idea de dar cabida no teatro a toda a diversidade afectivo-sexual dende unha perspectiva cultural, dinámica, inclusiva e positiva, e dará comezo o vindeiro 10 de marzo coa representación de Pantone, textos dramatizados de temática LGTBI+. O ciclo continuará o 24 de marzo coa danza contemporánea de Eu, o 28 de abril coa obra Judy Garland Alén o Arco da Vella, e rematará o 16 de maio coa Gala Drag Prix.

IMG_4313

José Díaz Castro, representante de ALAS, explicaba a posta en marcha do proxecto como unha necesidade de “normalizar e incluír dentro da programación dos teatros e das artes escénicas a realidade do colectivo LGTBI”.

Segundo explicaba José Leis, a selección dos espectáculos busca “afondar na realidade LGTBI presentando propostas atractivas, artisticamente interesantes, e que abranguen todo tipo de artes, dende o teatro convencional até a danza pasando por proxectos inspirados no cabaret”.