Mañá, martes 16 de decembro ás 21:00 horas, o popular trío Los Panchos celebrará o seu 70 aniversario cun concerto no Teatro Colón. En tan sinalada data o grupo contará coa colaboración especial do cantante Francisco.
O histórico trío mexicano, capitaneado polo mestre e director musical Gaby Vargas, presentará o seu último disco no que poderemos escoitar os seus temas clásicos e máis recoñecidos polo público, pero tamén novos boleros e algunhas versións de compositores españois.
Lo dudo, Sabor a mí, Si tú me dices ven, El Reloj… Cal é o teu bolero favorito? Ese que che trae un recordo especial?
As entradas teñen un prezo de 30 € e poden adquirirse a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural A Fundación, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche.
Los Panchos e Francisco vanse de celebración