Javier Martín clausura a súa Residencia de Investigación no Teatro Colón

  • O coreógrafo pecha este proceso coa presentación o venres 23 da peza ‘La exforma’
  • Dende o mércores 21 haberá distintas actividades previas como mesas redondas e coreografías

O venres 23 de setembro ás 21:00 horas o coreógrafo Javier Martín presenta ‘la exforma’, peza coa que pecha a súa residencia no Teatro Colón, tras un ano de investigación xunto a distintos grupos científicos e artísticos e cerca de 40 actividades celebradas a través das que se buscou o encontro entre a danza e outras disciplinas e saberes.

Os días 21 e 22 de setembro haberá unhas xornadas de portas abertas, con conferencias e mesas de debate en torno ás artes do movemento e a proxección de ‘Kiasma’, unha curtametraxe experimental de Tono Mejuto, baseado no proceso de creación coreográfica de Javier Martín. Estás xornadas comezan o mércores 21 ás 18:00 horas coa conferencia ‘Inspiración y champán: una meditación hegeliana’, impartida polo especialista en filosofía clásica alemana José María Ripalda. Ese mesmo día ás 19:30 horas o propio Javier Martín coordina unha mesa de debate sobre a residencia de investigación, creación de contextos e dinámicas colaborativas.

Javier_Martin2

O xoves 22 ás 18:00 horas Alberto Ruiz de Samaniego, escritor, crítico cultural e comisario, impartirá a conferencia ‘Entre la gravedad y la gracia. Sobre las marionestas, los hombres y Kleist’. Esta segunda xornada de portas abertas continuará ás 19:30 horas coa conferencia ‘Los arteandantes. Intento postmoderno de conquistar la plaza pública’ da especialista en danza Ana Cabo e ás 20:30 horas coa proxección de ‘Kiasma’, curtametraxe experimental asinada por Tono Mejuto coa colaboración de Iria Ares e Miguel Mariño, que recolle o proceso de investigación e creación coreográfica de Javier Martín. As actividades destas xornadas de portas abertas son gratuítas ata completar aforo.

O proceso péchase o venres 23 coa presentación da peza ‘la exforma’, un solo de improvisación que atravesa as formas da danza na procura ‘dunha linguaxe non lineal senón espacial, unha realidade non polar senón aromática’. Con música do célebre pianista ruso Oleg Karavaichuk a peza conta coa colaboración de Octavio Mas no deseño de iluminación e Manolo Cremallera no deseño de vestiario. O prezo das entradas é de 9 €.

12553077_1019076881468915_1619328731644904541_n

A residencia de investigación de Javier Martín no Teatro Colón levouse a cabo dende setembro de 2015 ata setembro de 2016, como parte do proceso de creación de ‘symptoma’ (un proxecto de concerto performativo xunto a Oleg Karavaichuk, célebre pianista ruso falecido en xuño de 2016 en San Petersburgo) e da súa nova obra la exforma’, ‘, resultado tamén das investigacións e prácticas colectivas que se sucederon nos encontros no Teatro Colón. Durante a residencia formouse un grupo de investigación transdisciplinar e celebráronse preto de 40 actividades, buscando novos xeitos de colaboración con facultades, museos e escolas, que permitiron abrir o teatro a outras prácticas máis alá da exhibición, provocando expansións con outros centros públicos e privados do entorno, e atopando vínculos naturais entre as artes do movemento e outros saberes.