Orquestra de Nenos da OSG

  O Día da Música en clave de SonFuturo A Orquestra infantil e os coros infantís e xuvenís da Orquestra Sinfónica de Galicia celebran o Día da Música cun concerto conxunto. Unha oportunidade única para gozar dos grupos máis novos do proxecto SonFuturo no mesmo escenario.

JAZZLIZA

A nosa voz de sempre nas nosas voces de hoxe Jazzliza é un proxecto da Big Band do CSM da Coruña coa dirección musical de Alberto Conde e un interesante conxunto de artistas invitados: Silvia Alonso, Xurxo Fernández e Nilaila, Bea García, Carmen Rey, Diana Tarín e Xurxo Souto. Jazzliza: Galiza e o Jazz da…

Quique González

  Cómplices de la poesía, la música y la vida Quique González chega ao Teatro Colón con disco novo debaixo do brazo, As palabras vividas, que xorde da súa colaboración con Luis García Montero, no que aúna versos e música cun resultado extraordinario. Cancións con alma, nas que sobrevoan a melancolía e a emoción, froito…

BMMC presenta Mamma Mia!

  A BMMC métese de cheo na pel do grupo ABBA para lle render homenaxe ao seu famoso musical. O título do espectáculo está tomado dun dos maiores éxitos de ABBA, ‘Mamma Mia’, publicado en 1975. Nesta ocasión a Banda Municipal de Música da Coruña contará co grupo de baile e profesorado e alumnado de…

Coro Infantil e Coro Novo da OSG

CONCERTO DE PRIMAVERA. VOCES DE SONFUTURO. Obras de Pau Casals, Ola Gjeilo, Jim Papoulis, David Bowie e Elton John. Os grupos corales SonFuturo dan a benvida á primavera nun concerto no que tamén celebraremos o vixésimo aniversario do coro infantil e o quince aniversario do coro novo.

Atlantic Pride: Pistoletazo de saída

Despois da exitosa primeira edición deste festival, avalada polas nominacións aos prestixiosos premios Fest e aos Iberian Festival Awards, a asociación Orgullo Coruña organiza un ano máis o Atlantic Pride, que se celebrará no mes de xullo na nosa cidade. Atlantic Pride é un festival a prol da diversidade e da normalización do colectivo LGTBI,…

BMMC: Contrastes

  Dirección: José Trigueros Comezamos o mes de abril cos nosos encontros coa Banda Municipal de Música da Coruña. Nesta ocasión baixo a dirección de José Trigueros. Director asociado da Orquestra Sinfónica de Galicia e músico profesional con extensa traxectoria no ámbito orquestral, Trigueros formouse nos conservatorios de Valencia e Ámsterdam na especialidade de percusión,…

Freedom presenta The very best of Aretha Franklin

  Por terceiro ano consecutivo, celebramos no Teatro Colón a actuación principal do Festival Metropolitano de Música e Artes para a Igualdade Elas Son Artistas. Nesta ocasión a homenaxeada é Aretha Franklin, unha das mellores artistas da historia e unha feminista recoñecida. Gozaremos de Freedom (The Very Best of Aretha Franklin), unha banda de once…

Orquestra Barroca da Coruña

  Espectáculo: As catro estacións de Vivaldi Director musical: Massimo Spadano O 2020 verá a estrea da Orquestra Barroca de A Coruña, única formación profesional de Galicia con instrumentos da época que arranca cun ambicioso proxecto como son ‘As catro estacións’ de Vivaldi co seu director musical, Massimo Spadano, ao violín, tras tocalas recentemente arredor…

Djely Tapa – Barokan

  No marco do Festival Harmatán o Teatro Colón presenta a cantante Djely Tapa. Descendente dunha familia de ilustres griots, a compositora e intérprete de orixe maliana Djely Tapa defende un estilo musical que oscila entre o blues, a electrónica e ritmos tradicionais do Sahel. Deuse a coñecer como cantante do grupo Afrikana Soul Sister,…

Eu é outro, coa BMMC

  Espectáculo músico-teatral. Director titular: Juanjo Ocón.