A Pedreira é a nova proposta escénica da artista Ugia Pedreira. É un espectáculo que acredita na música como unha arte escénica. Guitarra en mao pasa por múltiples misturas sonoras, desde unha dama vintage do blues da galeguidade á cantautora de numen folk americano, ou latinoamericano, unha rapera trad ou unha sofisticada pandereteira galega…