“Axúdame a sentir” dicíame Obdulia con frecuencia, a miña avoa materna. Foi unha de tantas catedráticas sen título nesa célebre universidade da vida. Nada hai máis necesario que sentir e tampouco hai momento máis acaído para perseguir ese verbo que os tempos nos que vivimos: as humanidades esvaécense ao tempo que medra o binomio…
Felisa Segade é raíz, tradición, ferreñas, e voz. Esa voz que agroma coa tintura e a personalidade conxugada da muller e da terra galegas. É mestra, pandereteira, cantareira, colaboradora e transmisora. Con ao redor de corenta anos vencellada á música tradicional, e, dende o coñecemento dos alicerces que achega a bagaxe da recollida, mergúllase…
A historia viva da música galega regresa aos escenarios coruñeses. Milladoiro, banda pioneira e símbolo do noso folk contemporáneo, ofrecerá un concerto único no Teatro Colón dentro do ciclo Folk no Colón. Con máis de catro décadas de traxectoria, Milladoiro foi quen de levar os sons tradicionais de Galicia a escenarios de todo o mundo,…
Unha das bandas máis lendarias da música celta mundial, Capercaillie, chega por fin a Galicia dentro do ciclo Folk no Colón, para ofrecer unha noite inesquecible de música enraizada, emocións profundas e sonoridades atlánticas. Desde as Highlands escocesas ata os escenarios máis emblemáticos do planeta, Capercaillie leva máis de catro décadas reinventando e internacionalizando a…
Chega o momento de celebrar unha das carreiras máis de éxito e singular do panorama musical galego. SUMRRÁ cumpre 25 anos e propoñen un concerto exclusivo e moi especial para a programación do Maio Jazz 2025. O Teatro Colón converterase nun espazo habitado pola familia escollida que os veñen acompañando durante estes 25 anos….
Artista cubano nado en Santiago de Cuba, terra caracterizada pola súa rica tradición musical. Iniciou os seus estudos musicais no piano, despois de tres anos cambia ao saxofón, atopando neste a súa verdadeira paixón. Miyares iniciou a súa carreira profesional en 1997, co grupo Muralla no seu natal Santiago de Cuba. Graduouse no Conservatorio…
O quinteto de jazz liderado polo saxofonista e compositor vigués Diego Alonso, presenta o seu primeiro álbum como compositor, titulado NIHIL, xunto a Pablo Patiño no contrabaixo, Antón Quintela na batería, Xan Campos no piano e Virxilio da Silva na guitarra eléctrica. Todos eles comparten unha profunda relación, tanto académica como profesional, coa escena…
Con virtuosismo e unha presenza hipnótica, Verónica e Javier sacoden os códigos do jazz, creando unha paisaxe sonora innovadora e vibrante. CAMIÑO foi o seu primeiro opus conxunto, toda unha revelación no seu campo, unha obra que namorou ao público de prestixiosos escenarios como os do Festival JazzMadrid ou o Jazzaldia de Donostia. Agora…