Música

Yo soy el que soy

DE FESTIVAIS: CORUFEST

 

Yo soy el que soy é un espectáculo teatral baseado na autobiografía de Aaron Lee recentemente publicada. É unha historia de supervivencia. Unha búsqueda da liberdade, a identidade e a aceptación.

Nado en Madrid, de raíces surcoreanas, Aaron criouse no seo dunha familia coreana tradicional e relixiosa. De nai pianista e pai director de orquesta, estudiou violín dende os catro anos ata que tivo que fuxir despois de que os seus pais soupesen que era homosexual.

Foi maltratado, secuestrada polo seu pai nunha illa deserta e denigrado pola súa orientación sexual ata que logrou fuxir da súa casa. Sobreviviu como puido, chegando a tocar na rúa para poder comer.

Este espectáculo narra en primeira persoa a dura e incrible viaxe dun rapaz que nunca quixo renunciar á súa esencia e atopou a súa salvación na música.

Narra en primeira persoa pola actriz e cantante Verónica Ronda, con Gaby Goldman ao piano e Aaron Lee ao violín. Dirixida por Zenón Recalde (director residente de El Rey León, de Stage Entertainment), con dirección musical de Gaby Goldman (director musical de Billy Eliot e West Side Story, de SOM Produce), temos aquí unha historia que é un canto á tolerancia, ao amor e á superación.