VIII Gala Final do Concurso de Música Infantil e Xuvenil Quero Cantar
PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Esta iniciativa da Área de Cultura da Deputación da Coruña consolidouse xa como o punto de encontro da máis precoz creatividade musical da escena galega.
Seis propostas, tres infantís e tres xuvenís, seleccionadas en primeira instancia por un xurado formado por profesionais da música, vanse dar cita no Teatro Colón para interpretaren en directo as súas composicións. Alí, un xurado formado neste caso por rapazada de idades similares ás dos propios participantes, será o encargado de elixir as propostas gañadoras da actual edición.
O acto vai ser conducido pola actriz e contadora Sole Felloza e inclúe tamén a participación de Daniela Montes, gañadora na categoría xuvenil da anterior edición, acompañada duns convidados moi especiais.