Teatro Afeccionado

SOMOS TAN IMBÉCILES [IV MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO]

Un ano máis volve ao Teatro Colón a Mostra de Teatro Afeccionado, unha iniciativa coa que queremos apoiar o teatro non profesional e servir como plataforma de difusión para dar a coñecer o traballo destes grupos, que son parte esencial do sector escénico.

Dentro deste ciclo o grupo de teatro Vacalar, vinculado á ONCE, presenta ‘Somos tan imbéciles’. Ao remate da función terá lugar unha MESA-COLOQUIO para coñecer máis polo miúdo o traballo deste grupo.

Prezo: 5 €
Duración: 65 minutos

Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 14 de Outubro de 2015 | 20:30

SINOPSE

(Español)

'Somos tan imbéciles’ é o título dunha obra de teatro, mais ao mesmo tempo é o título dun programa de televisión. Un programa vespertino, ao xeito dun magazine no que inclúen conexións internacionais e nacionais, así como concursos e entrevistas. O programa-obra ten música en directo, o que lle dá unha gran axilidade aos textos.



FICHA ARTÍSTICA

(Español)

REPARTO: ANTONIO RUMBO, MANUELA VARELA, FELIPE COTELO, GUILLERMO, ANA DOCAMPO, ANXO MANGAS, HÉCTOR FRAGA, LUZ MÍGUEZ, NORMA LÓPEZ, MARISÉ VIDAL, TRINI CANOSA, MAITE SAN JUAN. TEXTO E DIRECCIÓN: LINO BRAXE. ASISTENCIA TÉCNICA: RTA, MAQUILLADORA E AXUDANTE DE DIRECCIÓN: MANUELA VARELA. DESEÑO DE LUCES: RTA E LB. ESPAZO ESCÉNICO: RODRIGO ROEL.

IDIOMA: GALEGO

Asociación Cultural de Personas Cegas e con discapacidade visual de Galicia, Teatro Valacar, grupo que subvenciona a ONCE. PREMIOS MAX subvenciona a ONCE.