Prezo: 10 € (VR) / 15 €
Duración: 80 minutos
Calificación: TP
Duración: 80 minutos
Calificación: TP
QUINTETO NUESTRO TIEMPO: MATÍAS GONZÁLEZ (BANDONÉON), PABLO WOIZINSKI (PIANO), MARCELO GONZÁLEZ (VIOLÍN), RISTO VUOLANNE (CONTRABAIXO), GUILLERMO BAZZOLA (GUITARRA ELÉCTRICA). DANZA: EZEQUIEL HERRERA, MARIA ANTONIETA TUOZZO.
TANGO: HORA ZERO, Quinteto Nuestro Tiempo
Astor Piazzolla imaxinaba a hora cero como o momento despois da medianoite, ‘una hora de absoluto final y absoluto comienzo’.
Non foi por casualidade, que cedo na súa carreira, chamase ‘Buenos Aires Hora Cero‘ a unha das composicións que definiu o seu estilo. Non pode ter sido por casualidade que, entrando no outono da súa vida, chamase ‘Zero Hour’ ao álbum que resumía tantos anos de traballo e levaba profundos desexos persoais e expectativas profesionais.
Para entón, destilara anos de aprendizaxe como tanguista, as ensinanzas dos seus mestres de música clásica, a súa fascinación polo jazz e as leccións aprendidas por ser unha vangarda dun no tango, nunha música profundamente persoal, sofisticada e emocionalmente directa.
‘Tango: Hora Zero’ é unha homenaxe á música máis representativa da cidade de Bos Aires, un espazo no que conviven o novo tango de Astor Piazzolla xunto cos estilos dos grandes forxadores do xénero, como Horacio Salgán, Agustin Bardi, Anibal Troilo, Pedro Maffia, etc…
O QUINTETO NUESTRO TIEMPO achéganos a esencia da cidade coas súas harmonías que abarcan non só a música, senón tamén o estilo, o testemuño documental e por suposto a danza, interpretada pola arte e a sensualidade dos bailaríns Ezequiel Herrera e Maria Antonieta Tuozzo.