Cine

Semana do Cinema Galego | Xustiza artificial

SEMANA DO CINEMA GALEGO

 

O goberno español anuncia un referendo para aprobar un sistema de Intelixencia Artificial na Administración de Xustiza que promete automatizar e despolitizar a xustiza substituíndo, na práctica, aos xuíces e xuízas en todos os tribunais do país. O referendo desata unha encarnizada campaña electoral na que se enfrontan o Goberno, en alianza coa tecnolóxica creadora do sistema, e a carreira xudicial, que defende o carácter humano da xustiza. Carmen Costa, unha recoñecida xuíza, é convidada a traballar no desenvolvemento do proxecto, pero a repentina desaparición de Alicia Kóvack, creadora do sistema, provoca unha gran desconfianza nela, ata o punto de entender que está a descubrir a punta do iceberg dunha conspiración que pretende controlar, desde a xustiza, a todo un país.

 


FICHA TÉCNICA

  • Dirección: Simón Casal
  • Guión: Simón Casal, Víctor Sierra
  • Dirección de produción: Carlos Amoedo
  • Axudantes de produción: Alberto Alén, Luis Otero, Andrés Nadal, Andrea Pena
  • Dirección de arte: Curru Garabal
  • Dirección de fotografía: Diego Cabezas
  • Axudante de cámara: Víctor Rodríguez
  • Foto fixa: Óscar Roca
  • Montaxe: Irene Blecua
  • Maquillaxe e perruquería: Sandra Pinto, Miguel Teixeira
  • Música orixinal: Sofía Oriana
  • Son: Diego Casares
  • Vestiario: Marta Anta
  • Reparto: Verónica Echegui, Tamar Novas, Alba Galocha, Lúcia Moniz, Afonso Pimentel, Paula Morado, Ledicia Sola, Xabier Deive, Santi Prego, Alberto Amman, Marco D’Almeida, Monti Castiñeiras, Xose Esperante, Toni Salgado, Melania Cruz, Saamira Ganay

 


CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO

  • Mellor longametraxe
Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 29 de Marzo de 2025 | 22:00