Cine

Semana do Cinema Galego | Honeymoon

SEMANA DO CINEMA GALEGO

 

Eva e Carlos son un matrimonio en destrucción. Unha parella en ruinas. Só Jonás, o fillo que un día tiveron xuntos, mantennos unidos. Quizais unidos non sexa a palabra. Agora Jonás acaba de morir nun accidente absurdo a miles de kilómetros de casa, nos Estados Unidos, durante unha visita aos avós paternos, e a Eva e Carlos xa non os une nada. Só a necesidade case física de repatriar o cadáver do seu fillo. Só a necesidade case física de perderse de vista, e para sempre, despois.

 


FICHA TÉCNICA

  • Dirección: Enrique Otero
  • Dirección de produción: Adrián Pino
  • Dirección de fotografía: Sergio Franco
  • Dirección de arte: Inés Rodríguez
  • Música orixinal: Pablo Sanmamed
  • Guión: Roberto G. Méndez, Enrique Otero
  • Montaxe: Adrián Pino
  • Deseño de son: Pablo Rega, Diego Staub
  • Vestiario: María Fandiño
  • Maquillaxe e perruquería: Carmen Porto
  • Son directo: Carlos Mouriño
  • Deseño efectos dixitais: Ernesto Matilla
  • Posprodución de vídeo: Alfonsín Digital Lab, Zabriskie Films
  • Reparto: Javier Gutiérrez, Nathalie Poza, María Vázquez, Silvia Sirui, Fernando Albizu, Antonio Durán «Morris», Pablo Derqui. Miquel Insua, Desiré Pillado, María Tasende, Berta Ojea, César Goldi, Susana Dans, Sergio Zearreta, Miguel Ángel Tobías, Marta Lado

 


CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO

  • Mellor dirección
  • Mellor dirección de fotografía
  • Mellor guión
  • Mellor interpretación feminina de reparto
  • Mellor interpretación masculina de reparto
  • Mellor interpretación masculina protagonista
  • Mellor longametraxe
  • Mellor montaxe
  • Mellor son
  • Mellor vestiario
Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 29 de Marzo de 2025 | 20:00