Presten é un mozo guitarrista e cantautor que vive a cabalo entre Cáceres e Galicia. Despois de pasar por bandas de diferentes estilos como o folk, o hip-hop ou o ska, en 2013 decide emprender sus carreira en solitario con total liberdade creativa. Esta nova etapa, orientada ao pop-folk de autor, gaña a Batalla de Bandas da Universidade de Salamanca, obtén o segundo premio no Santiautor 2015 e proclámase Finalista do MúsicaXove 2015.
En febreiro de 2016, Prexton ficha polo selo independente Moucho Records. En setembro do mesmo ano lanza o sea primeiro single e videoclip “All Together”, soando en programas como Los40 Trending ou La Script (Cadena Ser). Actualmente atópase presentando en directo pola xeografía española o seu primeiro disco, 42, producido por Iago Blanco en Drum&Roll Studios
MAR DE FONDO
Mar de fondo é o primeiro proxecto do galego Jesús Suárez. A pesar de que el é quen leva a voz cantante – literalmente-, conta co apoio dunha banda en directo formada por Miguel Thomas (guitarra), Iago Blanco (batería, percusión e coros), Daniel G. Artes (teclados), Alex Rapitis (baixo) e Iván Mosquera (guitarra).
Tal e como reza unha emotiva dedicatoria nunha das cubertas interiores do seu primeiro traballo, este proxecto xorde dun soño que se asomou ao universo deste galego. Pero, como dicía Calderón de la Barca, ‘la vida es sueño y los sueños, sueños son’. Isto quere dicir que os soños seguen a ser soños a menos que decidas aferrarte a eles, atrapalos e levalos a cabo … E Jesús Suárez decidiu agarrarse ao seu con moita forza. O resultado: a xestación de Mar de Fondo, a súa primeira aproximación ao panorama musical, co que quere inundarnos a todos cunha marea de sons e sensacións coas que nos podemos sentir identificados.
Influenciados por bandas tan coñecidas do panorama nacional como Barricada, Marea, Héroes del Silencio ou Extremoduro, intentan impregnar de aire fresco o panorama do rock nacional con historias cotiás e do noso día a día, que seguramente nalgún momento nos acompañaron na nosa viaxe vital.
Excelentes arranxos e bases musicais, así como unhas poderosas guitarras e a voz desgarradora de Jesús non te deixarán indiferente intentando mimetizar a forza dos océanos coa enerxía do rock.
PREXTON e MAR DE FONDO [XOVES DE MÚSICA]
PREXTON