Teatro

PELOS NA LINGUA, Talía Teatro

Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, ao que pensan que debería ser o inglés a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a carpinteiras, a todos e a todas. Ao mundo enteiro, independentemente da súa lingua.

Prezo: ANTES 10/04/2016: 3 € (VR) / 6 €. A PARTIR DE 11/04/2016: 5 € (VR) / 8 €
Duración: 55 minutos
Idioma: GAL
Calificación: +13

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 17 de Abril de 2016 | 20:00

SINOPSE

Unha comedia, que dalgún xeito, podería considerarse a segunda parte de Bicos con Lingua. Pero non se trata dunha segunda parte como unha continuación da liña argumental, senón que se está a traballar o mesmo tema coa mesma estrutura, aínda que desta vez tratando de darlle un enfoque distinto.

FICHA ARTÍSTICA

AUTORES: AVELINO GONZÁLEZ, MARÍA ORDÓÑEZ, ARTUR TRILLO E SECHU SENDE. DIRECCIÓN: AVELINO GONZÁLEZ. ELENCO: TOÑO CASAIS, MARÍA ORDÓÑEZ, ARTUR TRILLO.