Humor

Pantomima Full: En su cabeza era espectacular

APRAZAMENTO:

Con motivo das restricións sanitarias a causa do COVID-19, aplázanse os espectáculos do Encontro Mundial de Humorismo (EMHU), que se realizará finalmente entre o 7 e o 16 de maio de 2021. 

As novas datas previstas son: 

Venres 07/05/2021 – 21:00h – Pantomima Full – Teatro Colón

Sábado 08/05/2021 – 19:30h y 22:30h – Humoris Causa – Palacio de la Ópera

Sábado 08/05/2021 – Programas Cadena Ser – Teatro Colón

Venres 14/05/2021 – 21:00 – Deforme Semanal – Teatro Colón

Sábado 15/05/2021 – 12:30 – Diario de una pulga – Teatro Colón 

Sábado 15/05/2021 – 20:30 – La Vida Moderna – Coliseum

Domingo 16/05/2021 – 20:00 – Fantastic Colofón – Teatro Colón

 

Para compras online: enviarase un comunicado a todos os compradores vía email dándolles as opcións de: reimprimir un novo tícket coa data actualizada ou solicitar a devolución do importe da entrada. 

En caso de que se adquirira máis dunha localidade, pode solicitarse a devolución parcial, de non todas as localidades adquiridas. 

O prazo máximo para a devolución das entradas adquiridas é de 1 mes. 

Para localidades adquiridas nas billeteiras: as persoas que desexen asistir ao evento na nova data, poderán facer uso dos tíckets que xa teñen. Aínda que figure a data inicialmente prevista, os tíckets serán válidos. 

As persoas que non desexen asistir deberán dirixirse á billeteira da praza de Ourense para a devolución desde o 15 de setembro ata o 15 de outubro de 2020. Se as localidades foron adquiridas con tarxeta de crédito, poden solicitar a devolución enviando un correo a imce@gestiontickets.online

indicando a referencia da súa entrada ou enviando unha imaxe da mesma. As devolucións realizaranse a través do mesmo medio de pago co que se realizou a compra. 

 —————

 

 

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO

 

Con motivo do estado de alarma decretado polo goberno a causa do COVID-19, este espectáculo foi aprazado, fixándose nova data para a celebración do mesmo, sempre que o estado de alarma xa non continúe en vigor nesta data, non se decrete un novo e/ou non se limite a realización de espectáculos en recintos pechados.

No caso de que non queira acudir na nova data establecida para a súa celebración, pode solicitar a devolución do importe da localidade no prazo máximo de 1 mes desde esta comunicación.

As persoas que desexen asistir ao evento na nova data poderán facer uso dos tickets que xa teñen ou proceder á reimpresión dos mesmos coa nova data.

Para as entradas compradas en taquilla, trala reapertura da mesma, habilitarse un prazo para atender ás posibles devolucións.

 

EN SU CABEZA ERA ESPECTACULAR é o segundo show de Pantomima Full dende que son coñecidos. Nin Rober Bodegas ni Alberto Casado imaxinaban que os vídeos dun minuto iban a dar para tanto, pero velaquí están. Se che gustou o primeiro show de Pantomima Full, prepararon outro 100% novo para que poidas volver velos sen sentirte estafado.

Se non viches o primeiro espectáculo de Pantomima Full, que saibas que esta segunda parte se entende perfectamente sen ver a primeira. E se non sabes quen son Pantomima Full e tampoco sabes moi ben como remataches lendo isto, vai ser difícil convencerte para mercar unha entrada cunha reseña. Mellor pon “Pantomima Full” en YouTube e se che mola, xa volves para aquí.

En definitiva, ver a Pantomima Full en directo é unha boa opción para pasar a tarde. Se non es de ir ao teatro, pois unha noite que fas algo distinto. Non te cambia a vida pero que clase de estúpido pretende mudar a vida da xente cunha obriña de teatro. Aquí ves, ris unha hora e pico, marchas e sigues ca túa vida de sempre. Para ben ou para mal. E se te decepciona, sempre poderás dicir que: En su cabeza era espectacular.

Prezo: Anticipada: 14€ | 16€ | 18€
Billeteira: 16€ | 18€ | 20€

Duración: 90 minutos

Calificación: +16

DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 23 de Setembro de 2020 | 21:00