SMART

Culturactiva SMART, como un teléfono intelixente pode convertirte nunha idiota é unha comedia sen palabras arredor do mundo das aplicacións móbiles. Tres pallasas enganchadas ao seu smartphone acoden a unha clínica de rehabilitación para superar a súa adicción. Desorientadas e sen o seu móbil, terán que aprender de novo a comunicarse e a vivir sen…

Premios Solidarios ONCE Galicia

ONCE Gala de celebración da XI Edición dos Premios Solidarios ONCE Galicia. Estes galardóns teñen como finalidade recoñecer a persoas físicas ou xurídicas que destaquen polo seu labor solidario na súa contorna de influencia, procurando a inclusión social de todos os cidadáns, a normalización, a autonomía persoal e a accesibilidade universal.

“Museo”. Gala Fin de Curso

Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña O Conservatorio de Danza introdúcese no mundo das artes a través da pintura, dando vida a diferentes imaxes plasmadas nos cadros que se poden admirar nunha visita ao “Museo”.

Anacos de brétema no vento

Casahamlet Representación dunha Aula Aberta, unha exposición dos traballos interpretativos realizados polos alumnos do Estudo de Teatro Casahamlet, con motivo do seu XX Aniversario. Unha mostra antolóxica de distintas escenas de diversos autores: Tennessee Williams, Alan Poe, Manuel Lourenzo, A. Cunqueiro, entre outros, que leva por título: Anacos de brétema no vento.

Pop Re-Visited

TAC – Taller Atlántico Contemporáneo Obras inspiradas en Siniestro Total, Elvis Presley e Bob Dylan. Todos sabemos que a música clásica influenciou o pop e o rock, pero: e do xeito contrario? Este programa reflexa a visión de compositores clásicos contemporáneos como J. Corigliano, M. Daugherty ou Javier L. de Guereña sobre o traballo de…

Tropical

Elefante Elegante Tropical é un espectáculo sensitivo, universal e evocador que mergulla no universo da viaxe e na súa vasta riqueza de matices e dimensións. Un navío habitado por viaxeiros con destinos entretecidos. Turistas, migrantes, músicos e refuxiados custodiados por unha vixiante e dilixente tripulación. Do norte ao sur nun cruceiro sedutor e do sur…

Sitio distinto

Zirriborro Koop Proxección e presentación musicada de Sitio distinto, unha longametraxe documental dirixida por Davide Cabaleiro. Sitio Distinto mostra as diferentes ondas migracionais desde Galicia. Unha viaxe que comezou hai xa 150 anos con destino ás minas de ferro, despois viría a pesca, a industria… ata chegar aos mozos galegos de hoxe en día que poboan a identidade vasca….

Home de Area

Máis información: comunicacion.colon@dacoruna.ga Ballet Norte A acción transcorre nunha aldea onde vive Clara, o seu mozo Nathanael e o fabricante de xoguetes Coppelius. Este último vive nunha casa misteriosa onde mantén as súas creacións: bonecas de tamaño humano descoñecidas para o resto da xente. Sen resistir á curiosidade, Clara e as súas amigas chegan un…

Home de Area

Ballet Norte A acción transcorre nunha aldea onde vive Clara, o seu mozo Nathanael e o fabricante de xoguetes Coppelius. Este último vive nunha casa misteriosa onde mantén as súas creacións: bonecas de tamaño humano descoñecidas para o resto da xente. Sen resistir á curiosidade, Clara e as súas amigas chegan un día á casa…

Mostra Internacional de Cine Infantil

Urdime Sesión 1 (12.00 h). De 4 a 7 anos. Caderno de viaxes. Atención pasaxeiras e pasaxeiros porque entramos no terreo da fantasía. Aquí coñeceredes a seres máxicos, algúns até monstruosos, chegados de alén dos sete mares e dos recunchos máis inhóspitos. É este un espazo para os soños, o misterio e a aventura. Haberá…

Os sons esquecidos

Abraham Cupeiro O multinstrumentista Abraham Cupeiro propón con este concerto unha viaxe no tempo a través da música, unha búsqueda das fontes orixinais para fundilas co contemporáneo, creando un discurso novo e sorprendente. Durante o concerto, Abraham desprega sobre o escenario máis dunha decena de instrumentos pouco convencionais, algúns deles construidos ou atopados por el…

Mar de Hilos

Accem Galicia Mar de Hilos é o nome que damos ao conxunto de pezas teatrais ou calas dramáticas, que é como se refiren a elas os autores dos textos. O nexo destas dramaturxias será a música, percusión en directo e o cante do sur. Unha selección de textos breves escritos por dramaturgos e dramaturgas de…