Pablo Meixe | Meixeverso

Pablo Meixe deuse conta de que ao longo e ancho dos distintos planos da realidade pódense atopar personaxes curiosos que poñen a proba o tecido da graza e o chiste. As adolescentes xa non escoitan K-Pop e os cuñados deixaron de dar consellos sobre coches de segunda man, indicando que o mundo está a piques…

Alice | MOMIX

Coñecida internacionalmente polas súas obras de excepcional inventiva e beleza física, a compañía de bailaríns-ilusionistas dirixida polo aclamado coreógrafo Moses Pendleton volve aos escenarios españois co seu novo espectáculo, Alice. Mesturando á perfección ilusión, acrobacia, maxia e fantasía, MOMIX fai voar ao público pola tobeira do coello con esta nova creación, unha persoal e totalmente…

Gran Gala Internacional de Ilusionismo GALICIA ILUSIONA

Chega a terceira edición do Festival Mundial de Ilusionismo Galicia Ilusiona. Unha selección de algún dos mellores e máis premiados ilusionistas do planeta reunidos sobre un mesmo escenario. Conducirá a gala o Mago Murphy (Madrid) e contará cos multipremiados números de Néstor Hato (Francia), Manolo Costa e Mindanguillo (Elche), Lore Lavand (Arxentina), Ki Moon Do…

Temporada Lírica | L’elisir d’amore

&nbsp; Gaetano Donizetti (Lombardia, 1797 – Bergamo 1848) sumou máis de 70 óperas ao longo da súa carreira musical sendo <em>L’elisir d’amore</em> coa que tivo maior recoñecemento. Composta en poucas semanas foi moi ben recibida en toda Europa. Desde a súa estrea situou a Donizetti como un dos compositores italianos máis queridos. O libreto cómico…

Temporada Lírica | Gala de clausura con Ewa Plonka

TEMPORADA LÍRICA DE A CORUÑA 2024   A homenaxe a Puccini da Temporada Lírica finalizará o mesmo día no que finou o autor hai 100 anos: o 29 de novembro. Ese día o Teatro Colón acollerá a Gala de Clausura cunha selección de arias e obras orquestais de Puccini e protagonizada pola soprano Ewa Plonka,…

ORQUESTRA GAOS 15 aniversario

Obertura Festival Académico de Brahms Concerto para violín e orquestra de Mendelssohn – Buruk Martins violín Sinfonía nº 5 de Beethoven

Festa da Música | Caldo + Moura

  A banda coruñesa Moura e o trío vigués Caldo únense para experimentar coa música de tradición oral nun concerto conxunto polo Día da Música. A medio camiño entre a neo-psicodelia, a música tradicional e o rock progresivo, Moura presenta o seu novo EP, Fume santo de loureiro, pero tamén interpretarán o seu aclamado Axexan,…

+QjazzCoruña 2024 – CHRISTIAN McBRIDE Quintet

  Prato forte do festival +QJazz será o Christian McBride Quintet, que actuará no Teatro Colón o martes 9 de xullo ás 21.00 horas na xornada de clausura. McBride, baixista, compositor e director de banda gañador de oito premios Grammy, estará acompañado de catro talentos emerxentes: a saxofonista Nicole Glover, a guitarrista Ely Perlman, o…

Coa nosa voz | Uxía presenta ‘Santa Liberdade. Un soño compartido’

Uxía traerá un repertorio cheo de sabores e cores, luminoso e mestizo, froito dos seus case 40 anos de carreira nos que renovou a música tradicional conectando coas culturas atlánticas. Ademais dos seus últimos traballos tamén se aproximará á música tradicional da Galiza e Portugal e a unha nova lectura da rica obra do Zeca…