Pablo Castaño Quartet. Artista convidada: Ugia Pedreira
Pablo Castaño Quartet presenta o seu primeiro disco “A-la-láa”. Gravado en formación de cuarteto en xaneiro de 2018 que se presentará no Teatro Colón ao vivo por primeira vez, coa colaboración especial da cantante Ugia Pedreira.
Que un destacado referente do Jazz galego tome como fío condutor do seu disco o canto libre de tradición oral galega supón un punto de inflexión na traxectoria do xénero en Galicia. Pablo Castaño está acompañado na gravación de dous dos nomes máis relevantes da escena galega como son o pianista residente en Nova Iorque Yago Vázquez e o batería Iago Fernández. A eles súmase o extraordinario bo facer do contrabaixista arxentino Demian Cabaud residente en Lisboa. A música galega e o seu diálogo coa cultura musical do Cool-Jazz é o campo de actividade deste saxofonista, arranxista e compositor no disco A-LA-LÁA que contou coa complicidade e colaboración de Ugia Pedreira nesta travesía, seleccionando cantos e poñendo a súa voz na gravación do disco. Ugia Pedreira de forma extraordinaria volverá a subirse a un palco nesta presentación no Teatro Colón para acompañar a Pablo Castaño na presentación oficial deste disco.
Pablo Castaño Quartet. Presentación de “A-la-láa”