Orquestra de Cámara Galega | Concerto homenaxe ao mestre Rogelio Groba
Rogelio Groba é referente no mundo da música, con máis de 720 obras que abranguen un espectro diverso, incluíndo un requiem, sinfonías, concertos, microconcertos, cantatas, suites e moitas outras formas musicais. Este prolífico compositor, nado na idílica aldea de Guláns, Pontevedra, mergullouse nas ricas tradición na etnografía galega, reflectindo as verdes paisaxes, a tradición, a historia e mitos que o rodeaban. Unha gran parte da obra foi composta no seu longo período como cidadán coruñés, máis de 40 anos da súa vida transcurríu aquí, na Coruña.
A súa contribución á cidade e a Galicia non se limita á creación musical. Groba foi un pedagogo comprometido, exercendo como profesor no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, dirixíndoo durante dúas décadas, e fundando varios conservatorios en Galicia.
Este concerto homenaxe non só é un tributo á súa extraordinaria carreira musical, senón tamén un recoñecemento á súa dedicación á educación musical e ao enriquecemento da nosa identidade cultural. O evento está deseñado para reflectir o rico legado de Rogelio Groba, que aínda está por descubrir en toda a súa magnificencia.