Música

ORQUESTA GAOS & MARÍA JOSÉ RIELO

María José Rielo Blanco, comezou os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Lalín, rematándoos no Conservatorio Superior do Liceu en Barcelona cos profesores Guillermo Salcedo e Juan Pedro Fuentes.

Foi membro de moitas orquestras xoves nacionais e internacionais como a Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia (OJSG), Orquestra Altos Estudos Musicais de Galicia onde tamén foi membro de dita escola na etapa 2004-2007. Tamén foi integrante da Orquesta Joven Nacional de España (JONDE), a Orquestra Nacional de Cataluña (JONC), a Orquestra Xoven dos Países Baixos (NJO), “Schleswig Holstein Musik Festival” (SHMF), “Villa Musica Festival Rheinland – Pfalz” e da “Gustav Mahler Jugendorchester” (GMJO). Colaborou con prestixiosas orquestras profesionais como a orquestra “Bamberger Symphoniker”, “Staatskapelle Dresden”, “Münchener Kammerorchester” e tamén coa “Orchestra Mozart” baixo a dirección de Claudio Abbado.

A xoven galega conseguiu o primeiro premio da súa promoción no concurso “Premis Extraordinaris Liceu 2010” realizado polo seu conservatorio en Barcelona onde fixo o seu debut como solista tocando o concerto de Mozart en Si b para fagot e orquestra. No concurso “Aeolus International Woodwinds Competition 2012” en Düsseldorf estivo entre os catro mellores participantes e recentemente gañou o terceiro premio na competición internacional máis prestixiosa no seu instrumento que realiza a radio-televisión alemana, el “ARD International Competition 2013” en Munich.

Dende 2010, María José estuda na Universidade de Música e Teatro en Munich co profesor Dag Jensen. Paralelamente aos seus estudos, a bolseira da Fundación Pedro-Pons e a Fundación Alexander Humboldt, foi academista da orquestra “Bamberger Symphoniker” na etapa 2011 – 2013.

Actualmente, combina os seus estudos coa súa actividade orquestral e tamén como solista tocando en Alemaña con orquestras como “Bad Reichenhaller Philharmonie” ou a “Orchester der Schäftlarner Konzerte” e en España coa Orquesta Radio Televisión Española (RTVE). Tamén ofreceu recitáis no “Festival ARD Preisträgers” ou no “Festivals Junge Künstler- Stars von morgen”.

ORQUESTA GAOS

A Orquesta Gaos nace en abril de 2009 formada por músicos de toda Galicia, na súa maioría estudantes e profesores dos principais conservatorios galegos e a súa presentación tivo lugar o 14 de xullo de 2009 no Teatro Colón-Caixa Galicia de A Coruña baixo a dirección de Fernando L. Briones, director titular da formación.

Nestes seis anos colaboraron coa orquestra máis de 400 músicos galegos nun cento de concertos nos principais auditorios e salas de concerto de Galicia. Participaron como solistas 30 músicos galegos cunha gran traxectoria artística, algúns dos que xa posúen unha dilatada carreira. Asimesmo ten a oportunidade de acompañar aos gañadores do Concurso Internacional de piano ‘Ciudad de Ferrol’, Alexander Yokoviev e Daniil Tsvetkov, nas súas edicións de 2009 e 2010 respectivamente. Gracias á participación da orquestra na presentación do Xacobeo 2010 comparte escenario coa soprano chilena Cristina Gallardo-Domâs, coa que realiza a súa primeira gravación discográfica: un cd con 14 temas galegos orquestrados por Juan Durán.

Organiza en colaboración coa AGADIC o I e II Ciclo de Catedrales, realizando unha xira de concertos por catedrais e diversos templos de Galicia interpretando o concerto de clarinete e a misa de Réquiem en re menor de W. A. Mozart (2011) e a Messa di Gloria de G. Puccini (2012) obtendo unha grande éxito de crítica e público.

Dende decembro de 2011 realiza o xa tradicional concerto benéfico a favor da IBS Padre Rubinos convidando a artistas consagrados como a soprano Ainhoa Arteta, o barítino Borja Quiza, o tenor Celso Albelo e a soprano coruñesa Alba López. En 2013 participa no LXI Festival de Amigos da Ópera de A Coruña nunha gala lírica con Gregory Kunde e Juan Jesús Rodríguez, baixo a dirección de Ramón Tébar.

A Orquesta Gaos e o Coro Gaos, fundado en 2010 e recente gañador do XIII Concurso Nacional de Corais ‘Antonio José’ de Burgos, interpretaron para celebrar o V aniversario da orquestra a 9ª Sinfonía de Beethoven cun grande éxito de crítica e público tanto en Villafranca do Bierzo como en A Coruña.

A Orquestra Gaos conta como socio de honra co mestre Crístóbal Halffter.

Prezo: 10 € / 8 € (VR, SOCIOS ORQUESTA GAOS)
Duración: 90 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Luns, 29 de Xuño de 2015 | 20:30