ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA, ‘Sons do Atlántico’ con Gili Schwarzman
Seguindo as ondas do noso océano ata as ribeiras de todos os seus dominios podemos escoitar os mesmos Sons do Atlántico cada vez que toca nas rochas, nos cantis, nas praias. Así, a Orquestra de Cámara Galega, quere recoller algún de eses sons da man de creadores do Atlántico, sen fronteiras, para recalar durante un intre nunha sentida homenaxe ó noso máis prolífico compositor, o Mestre Rogelio Groba.
Obras creadas baixo o mesmo influxo desde terras do Brasil por Ernani Aguiar, Arxentina por Alberto Ginastera, Inglaterra por Benjamin Britten e Galicia por Luis Álvarez Cabado e Rogelio Groba, interpretadas pola frautista membro da Divan Orchestra West-Eastern, baixo a dirección do Mestre Daniel Barenboim, GILI SCHWARZMAN e a Orquesta de Cámara Galega, dirixida polo seu director artístico Rogelio Groba Otero. VER PROGRAMA
A ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA
Fundada en 1995 por iniciativa de Rogelio Groba Otero, director-concertino, e Clara Groba, violoncelo principal e solista, e integrada por músicos formados en diversos conservatorios europeos. Desenvolveu unha intensa actividade que lle levou a interpretar un amplo repertorio que abarca desde o barroco ata os nosos dias, incluíndo a difusión de compositores galegos e facendo especial fincapé na extensa obra do compositor Rogelio Groba Groba, do cal leváronse a cabo numerosas estreas.
Con esta finalidade, a OCGA realizou a súa actividade musical polas principais salas de concerto españolas entre as que destaca o Auditorio Reina Sofía de Madrid, o Palau da Música de Barcelona, a Sala Mozart do Auditorio de Zaragoza, a Real Maestranza de Sevilla, o Teatro Jovellanos de Xixón, o Palacio da Ópera da Coruña, Auditorio de Galicia.
No ámbito internacional, actuou en Viena, “Spanien Modern Musikfestival”, Nova York, Merkin Hall da Fundación Kaufman, Bos Aires, Teatro Metropolitan e Holanda, Utrech, Dean bosh, Amsterdam, Middleburg e De Doelen Auditorium de Rotterdam.
Colaborou con profesionais da talla de Teresa Berganza, Anthony Pay, Cecilia Lavilla, Ara Malikian, Juan de Udaeta, José Ramón Méndez, Juan Lomba, José Núñez e José Luís Estellés.
Ademais das súas gravacións en directo para TVE, TVG e Radio Clásica, a OCGA gravou tres Cds. O primeiro publicado polo selo Boanergies con música de Rakov, Elgar, Groba e Groba Otero, o segundo monográfico do compositor R. Groba co selo Autor no que destaca a primeira gravación do Concerto nº2 para chelo e orquestra interpretado por Clara Groba e o terceiro editado polo selo Almaviva do Centro de Documentación Musical da Junta de Andalucía coa primeira gravación mundial en directo da ópera “Don Quijote” do compositor Manuel García,na Real Maestranza de Sevilla .