Teatro
EVENTO INFANTIL INFANTIL

ÑAM! (teatro e cociña), Caramuxo Teatro

NOTA: O AFORO MÁXIMO PARA ESTE ESPECTÁCULO É DE 100 PERSOAS. O PÚBLICO UBÍCASE SOBRE O ESCENARIO (E NON EN BUTACA)

Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familiar nada na Coruña no ano 2003 dirixida por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. Traballa ademais, nunha liña específica na creación de espectáculos para bebés. Caramuxo crea espectáculos poéticos e visuais axeitados para gozar en familia, tendo unha especial responsabilidade co público máis novo.

Dende os inicios mestura diferentes técnicas, teatro de actor, monicreques, danza … A liña de traballo parte duns textos elaborados a partir da experiencia no eido educativo, tratando de ser un referente de producións de calidade, creando espectáculos nos que se consideren aspectos didácticos a nivel cultural. Ademais do artístico, que consigan a fidelización do público.

Prezo: 5 €
Duración: 30 minutos
Idioma: GAL
Calificación: +1

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 6 de Marzo de 2016 | 17:00
  • Domingo, 6 de Marzo de 2016 | 18:00

SINOPSE

Comer é un pracer, pero antes hai que cociñar e escoller os mellores produtos, porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou doutro lado do mundo. A min encántame o salgado! Pois eu prefiro o doce! Ñam! É un espectáculo creado a partir do mundo da cociña, para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.

FICHA ARTÍSTICA

DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: LAURA SARASOLA E JUAN RODRÍGUEZ. ACTORES: JUAN RODRÍGUEZ E LAURA SARASOLA. DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA E ATREZZO: CARAMUXO TEATRO. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: SUSO JALDA. TÉCNICO DE LUZ E SON: SUSO JALDA. VESTIARIO: CARAMUXO TEATRO E SOLEDAD GÓMEZ. REALIZACIÓN DE ESCENOGRAFÍA E ATREZZO: GONZALO SANTOMÉ, SUSO JALDA, DAVID CARRILLO. ASESORAMENTO CULINARIO: HERMES’ JOURNEY. COREOGRAFÍA DE CLAQUÉ: MAGDA PESQUEIRA. FOTOGRAFÍA: CORSINO. VÍDEO: C. REGUEIRA. ESTUDIO DE GRAVACIÓN: VISUE.