Infantil
EVENTO INFANTIL INFANTIL

MUNDOKALABAZA. LA KALABAZA DE PIPPA

Volven ao Teatro Colón as aventuras de Pippa con esta terceira entrega: Mundokalabaza

Unha vez máis é a inesgotable enerxía de Pippa xunto coas súas grandes doses de curiosidade e inventiva os que incentivando ao equipo Kalabazo o encauzan cara a solución dun problema no que os malos, como tantas veces ocorre no mundo real, non o son tanto e as causas que orixinan algúns desastres acaban por ser absolutamente diferentes das que a primeira vista aparentan.

Poñendo en releve a importancia do traballo en equipo, o uso da imaxinación e a inventiva como ferramentas para a resolución de problemas, a amizade, o compañeirismo e, sobre todo, o concepto de que todo, absolutamente todo, se se desexa coa suficiente intensidade, é posible, conclúe este que vén a ser o terceiro capítulo das aventuras de Pippa e os seus amigos Cucurbitantes.

DOSSIER

fotoposter

Prezo: 10 € (VR) / 12 €
Duración: 80 minutos

Calificación: +2

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 2 de Xaneiro de 2015 | 18:00

SINOPSE

Cando a comezos de curso, Pippa, moito máis responsable, obediente e estudosa cada día, decátase de que o motivo do temporal déficit de atención polo que atravesa é o moito que bota de menos aos seus amigos Cucurbitantes, decide ir a facerlles unha visita, non para quedar alí como en anteriores ocasións, senón coa intención de convidalos a coñecer a cidade da que tanto e tan ben lles ten falado en cada unha das súas viaxes.

Sorprendidos, Makao, Asmara e compañía, non tardan en ilusionarse coa que haberá de ser a súa primeira expedición ao mundo exterior da Kalabaza e, no momento no que a nena, optimista e de boa mañá, chama ás portas de Mundokalabaza, descobre que, excepto os Eskalacaracois, en plena escalada á Kalatorre de Pisa, todos os curcurbitantes, animados e contentos, espérana alborotadamente dispostos a acompañala e preparados para vivir a que desexan e queren que sexa unha tan enriquecedora como gratificante experiencia.

Xa en Madrid visitan o Parque do Retiro, as rúas e as azoteas da capital, os arredores do domicilio da súa amiga e, no preciso momento no que se atopan planeando a que habería de ser a súa seguinte xornada turística, vense sorprendidos pola aparición dun alteradísimo ‘Caracoliño Macho’ quen, coa nova das desgrazas que se veñen sucedendo no Kalabazomundo, chega para romper o distendido ambiente dos reunidos.

Véndose, moi ao seu pesar, obrigados a regresar e, coa nobre intención de atopar tanto a orixe como a solución aos incendios que viñan devastando o universo Kalabazo, emprenden os nosos amigos o camiño de volta mentres Pippa, facendo uso da súa gran capacidade de convencemento, consegue que lle permitan ir con eles e así, grazas á desinteresada axuda do Mago Paracelso, Melquiades o Rospo Marino e Mikaela a tartaruga piloto de nubes, acabar chegando á conclusión de que Astragalón o Dragón, ao escapar da cova na que durante séculos tiña permanecido pechado, é a orixe de canto está sucedendo.



FICHA ARTÍSTICA

DIRECTOR E GUIONISTA. JOSÉ RAMÓN FLÓREZ. COREÓGRAFO. ALBERTO ESCOBAR. DIRECTOR DE ACTORES. JESÚS SANZ, REPARTO. SARA HERRANZ, ROSANA VIEIRA, CAROS DIROS.