Maio Jazz | Iván Vilela & Pablo Castaño: concerto de presentación do disco ‘Mat[R]iz’
PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O encontro de Ivan Vilela, virtuoso da viola de dez cordas –viola caipira– e un dos artistas máis influentes da música instrumental brasileira, con Pablo Castaño, nome referencial do novo jazz galego, revélasenos en Mat[R]iz, unha das principais novidades no panorama discográfico galego do ano.
A dupla achega o seu toque persoal e orixinal ás músicas do mundo transitando con naturalidade nas súas creacións entre os contextos erudito e popular, a improvisación do jazz, o feitizo dos ritmos da música brasileira e o lirismo enérxico do canto popular galego.
A suavidade e destreza destes músicos mergulla ao público nunha atmosfera de espiritualismo sonoro onde se suceden melodías con sabor poético comprometidas coas sonoridades tradicionais.
Facendo confluír dúas tímbricas infrecuentes, ofrecen versatilidade, dinámica interpretativa e variacións estéticas dotadas dunha sorprendente cohesión. Esta mestura de sons contemporáneos e rescate da tradición vese reforzada coa colaboración especial das poderosas e cálidas voces de Felisa Segade e Gabi Reboredo.