Duración: 80 minutos
Calificación: + 12
El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable é un espectáculo de monólogos escrito e interpretado por Luis Piedrahita. Luis Piedrahita fai o humor como se bican os ourizos, moi a modiño. Neste show xoga co idioma, estrúllao e retórceo, para sacarlle todo o partido e aclarar algunhas dúbidas existencias que o perseguiron dende sempre. Dubidas como: “Que pasa se tomas veleno caducado, mátate mais ou mátate menos? ou “as plantas de interior … na natureza onde viven?”. Neste espectáculo o rei das cousas pequenas xoga coas palabras, coas súas e coas do publico, improvisando coas súas suxestións e deixándoos participar.
HUMOR DO COTIÁ, HUMOR BRANCO, EN OCASIÓNS SURREALISTA E SEMPRE FAMILIAR.
Tras o éxito de ¿Por qué los mayores construyen los columpios siempre encima de un charco? e de Dios hizo el mundo en siete días… y se nota, Luis Piedrahita volve á carga con El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable. Unha recompilación dos seus textos máis recentes, destinada a divertir e emocionar.
LUIS PIEDRAHITA
Colaborador e guionista do programa El hormiguero 3.0. Traballou para programas como El club de la comedia ou Cruz y Raya e foi colaborador, guionista e director do programa de maxia Nada por aquí.
Luis Piedrahita é autor de seis libros de humor: A mí este siglo se me está haciendo largo, El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable, ¿Por qué los
mayores construyen los columpios siempre encima de un charco?, Dios hizo el mundo
en siete días… y se nota, ¿Cada cuánto hay que echar a lavar un pijama? y Un
cacahuete flotando en un piscina… ¿sigue siendo un fruto seco?. Ademais, escribiu un libro de literatura infantil titulado Diario de una pulga e outro de maxia, Monedas y otras historias.
É colaborador dos programas de radio: La ventana, na Cadena Ser, e Yu, no te pierdas nada, en Los 40 principales. Ademais traballou no programa matutino No somos nadie, de M80 Radio e no programa No es un verano cualquiera, de RNE.
Na súa faceta como cineasta escribiu e dirixiu, xunto con Rodrigo Sopeña, a longametraxe La habitación de Fermat, estreada en máis de cincuenta países. Ademais colaborou co guión da longametraxe Cosas que hacen que la vida valga la pena, dirixida por Manuel Gómez Pereira. Actualmente triunfa por toda España e Latinoamérica cos espectáculos teatrais, escritos e dirixidos por el.