Prezo: ANTICIPADA: 10 € (VR) / 14 € / 17 €. DÍA DE FUNCIÓN: 10 € (VR) / 16 € / 19 €
Duración: 90 minutos
Calificación: + 12
Duración: 90 minutos
Calificación: + 12
A Ryan acaban de deixalo. Por novena vez. Para romper esta mala rachilla (ejem) e recuperar a fe no amor ten un plan: namorar a unha moza e romperlle o corazón. Ou sexa, esta vez ser el o que deixe. Pero non pode ser unha moza rara. Porque el sempre se namora das raras. E entón coñece a Natalie, á que tamén acaban de deixar. Por novena vez. E que cre que todo se debe a unha maldición. Si, Natalie é un pouco rara.
DIRECCIÓN: JUEGO SUCIO PRODUCCIONES. INTÉRPRETES, TEXTO E CANCIÓNS: ÁNGEL MARTÍN, RICARDO CASTELLA. DESEÑO DE LUCES: XAVIER ALAIN CHOUPART. DESEÑO DE SON: SANCHO GÓMEZ-ESCOLAR.
IDIOMA: CASTELÁN
LOVE PAIN LOVE
Ángel Martín e Ricardo Castella escribiron unha película para Hollywood acerca de que amar, ás veces, proe. E estana axustando en teatros antes de chamar a Banderas, Pe e Bardem para que lles vaian pasando teléfonos e todo iso. Ángel Martín e Ricardo Castella regresan aos escenarios cun segundo espectáculo tras o éxito de ‘Nunca Es Tarde’, o seu primeiro espectáculo, unha serie de TC para teatro que viron máis de 150.000 espectadores ao longo de 3 anos de xira ininterrompida polos mellores teatros (Compaq Gran Vía, Lara (Madrid), Coliseum (Barcelona), Euskalduna (Bilbao), Olympia, Flumen (Valencia), Alameda (Málaga), etc. Este novo espectáculo supón un novo salta ao baldeiro: de novo sen apenas nada sobre o escenario, con tan só 2 persoas e instrumentos, fan que o espectador imaxine unha película musical, cambios de localización e de escena incluídos, mentres ao mesmo tempo tocan e cantan a banda sonoro completa. Con cancións orixinais e facendo livelooping: gravando en directo bucles e tocando en vivo sobre elas, sen ningunha música pregravada.
DOSSIER