Música

LOS SABANDEÑOS, Antología del Bolero

Un percorrido polas cancións máis belas e emblemáticas da historia do bolero con Los Sabandeños. O espectáculo inclúe, ademais, un repaso polos maiores éxitos da súa carreira.

Transcorreron 50 anos desde que Los Sabandeños comezasen a súa actividade, mantendo unha labor musical ininterrompida, reflectida en máis de 70 traballos discográficos; un valiosos arquivo sonoro que recolle parte do legado tradicional, ademais de cancións e creación propia e versión adaptadas. Non só abordaron os distintos xéneros que compoñen o variado repertorio folclórico canario senón que, paralelamente, dedicáronse a difundir o rico cancioneiro latinoamericano e, máis recentemente, o bolero. Foi tal o impacto da traxectoria sabandeña, que se converteron nun obrigado punto de referencia para a música tradicional, que vai máis alá do ámbito canario, tendo acumulado numerosas distincións, premios e recoñecementos neste tempo.

Fóra do Arquipélago Canario, Los Sabandeños levaron a súa música con grande éxito por toda a xeografía nacional e realizaron concertos en Bélxica, Italia, Portugal, Estados Unidos, México, República Dominicana, Porto Rico, Cuba, Venezuela, Brasil, Uruguai, Arxentina ou Colombia. Os seus discos, con máis de 2.000.000 de copias vendidas, foron editados en moitos destes países, ademais de no Xapón.

Os seus últimos traballos contaron con destacadas colaboracións, como as de María Dolores Pradera, Pablo Milanés, Soledad Jiménez, Lucrecia, Caco Senante, Pedro Guerra, Carlos Aguirre, entre outros. Así mesmo, en 2009 editaron o seu disco ‘Te canto un bolero’, en colaboración con María Dolores Pradera, que obtivo un nomeamento aos Grammy Latinos.

Durante os anos sucedéronse as xiras e concertos multitudinarios en infinidade de cidades, tanto na península, como noutros países e, como non, en Canarias. Sen dúbida, o mellor grupo folclórico nacional con maior proxección internacional.

DOSSIER