Duración: 90 minutos
Idioma: CAS
Calificación: + 14
Beatriz Carvajal preséntanos 'Los Diablillos Rojos', unha tenra comedia baseada en feitos reais. Unha expresión de loucura nunca imaxinada. Toñi é unha muller que se enfronta á soidade e ao abandono do seu marido e é ingresada nun centro para enfermos mentais. Na súa mente instálanse uns demiños roxos que a posúen e lle dan pracer.
Alí intentará desfacerse deles xunto con outros enfermos, pero mentres, os demiños seguirán facendo das súas … e ata os médicos acabarán sufrindo crises de ansiedade. Unha auténtica loucura!
As gargalladas están aseguradas nesta función e a emoción de comprender unha enfermidade que a calquera de nós nos pode afectar. Pasaremos da risa á tenrura nesta gran obra teatral que poderemos gozar da man de Beatriz Carvajal, Javier Lago, Sergio Pazos e Montse Pla.
Entre tolos e cordos, unha divertidísima e tenra historia moi actual.
REPARTO: BEATRIZ CARVAJAL, JAVIER LAGO, SERGIO PAZOS, MONTSE PLA. AUTORES: EDUARDO GALÁN, ARTURO ROLDÁN. DIRECCIÓN: FRANCISCO VIDAL. AXUDANTE DE DIRECCIÓN: MARCOS TORO. ESPAZO ESCÉNICO E ATREZZO: DAVID DE LOAYSA. DESEÑO DE VÍDEO: EMILIO VALENZUELA. DEBUXOS: JOSÉ GALLEGO. VESTIARIO: MAYKA CHAMORRO. SON: TUTI FERNÁNDEZ. ILUMINACIÓN: JOSÉ ALBERTO TARÍN.
LOS DIABLILLOS ROJOS, entre locos y cuerdos
A delicada liña que separa o normal do patolóxico tende a borrarse cando se trata das chamadas enfermidades mentais. Os seus síntomas, vistos dende a zona de confort, dende ese espazo cotiá no que nos movemos todos os días, parecen ‘disparates dunha mente trastornada’ e, polo tanto, afastados de nós. Pero, en todo ser humano, en cada un de nós están os mesmos desexos, os mesmos soños e os mesmos medos que amosan aqueles que están etiquetados polas distintas categorías psiquiátricas.
De distinta formación profesional (médico psiquiatra psicanalista Arturo e profesor e home de teatro, Eduardo), foi para nós un pracer colaborar na escritura desta comedia centrada na soidade como causante de trastornos psicolóxicos e no amor como auténtica terapia para curar as nosas enfermidades … queremos provocar o sorriso no espectador á vez que unha reflexión sobre o comportamento de todos nós, entre a cordura e a loucura … como o noso admirado Don Quijote, un tolo cordo ou un cordo tolo …
Moitas veces o amor pode causar ‘curacións milagrosas’. En cambio, cando nos quedamos atrapados na dor e no odio, podemos facer das nosas vidas un auténtico inferno. Como case todas as situacións da vida poden dramatizarse dende a comedia ou dende a traxedia, preferimos reflectir o sufrimento humano dende a óptica da comedia.
Eduardo Galán e Arturo Roldán