Música

Letras Galegas 2024 | Grupo Instrumental Siglo XX

CONCERTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

O concerto, organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello da Coruña, será interpretado polo Grupo Instrumental Siglo XX, unha formación con case tres décadas de percorrido dirixida polo violinista albanés Florian Vlashi -integrante da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) desde o ano 1992 e veciño da Coruña-, acompañado polo baixo-barítono coruñés Daniel Mosquera. O acto suporá a estrea oficial do Concerto para un home só, unha obra orixinal do compositor herculino Federico Mosquera, baseada na obra homónima de Luísa Villalta.

Na actuación interpretaranse, ademais, pezas dun referente histórico do Barroco como o italiano Antonio Vivaldi. Florian Vlashi e Carolina Cygan, como solistas, abrirán camiño na fase inicial do concerto, no que tamén terá lugar a estrea absoluta do Bachian reflex. Präludium und fugue do albanés Edmond Buharaja.

Desta forma, no concerto renderase homenaxe a Antonio Vivaldi e Johann Sebastian Bach, a dous dos compositores favoritos de Luísa Villalta, que, ademais de escritora, tamén era violinista.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 16 de Maio de 2024 | 20:30