Música

Leilía – Concerto aniversario 30 anos

 

ESPAZO DA BIODIVERSIDADE

 

Leilía emprende esta nova aventura cos pés postos no noso novo traballo discográfico e á vez botando a mirada ás nosas orixes e ao percorrido que levamos feito xuntas, desde xa hai 30 anos.

Florece este espectáculo “CantarElas” aunando temas emblemáticos, que nos acompañaron e nos emocionaron nos directos, con temas pouco coñecidos e aos que revestimos co toque actual de Leilía. Con eles queremos celebrar o noso aniversario, pechar o círculo conectando a orixe coa actualidade, pasando polas diferentes sonoridades do grupo.

Convidámosvos a viaxar da nosa man a través das melodías, da evolución sonora, dos cambios escenográficos…,e a percorrer conosco a nosa historia, unha historia chea de fabulosos momentos grazas ao noso público, público ao que nos debemos e ao que queremos agasallar con esta viaxe músical!!