Zarzuela

LA VERBENA DE LA PALOMA Y ANTOLOGÍA LÍRICA DE ZARZUELA, Cía. Lírica de Zarzuela de Madrid

Esta compañía de Zarzuela con longa experiencia no xénero lírico iniciou no ano 2.002 unha nova andadura baixo a dirección do mestre Félix San Mateo. A compañía que conta hoxe en día co seu propio taller de construción de decorados e un vestiario rico e específico para cada título que representa, fixo un gran esforzo por dar á Zarzuela e á súa posta en escena a importancia e relevancia que merecen.

Prezo: ANTES 12/12/2015: 25 € (VR) / 33 €. A PARTIR DE 13/12/2015: 25 € (VR) / 35 €
Duración: 150 minutos
Idioma: CAS
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Luns, 28 de Decembro de 2015 | 20:30

SINOPSE

(Español)

La Verbena de la Paloma, pleno agosto madrileño, calor abafante, leas amorosos, un boticario vello que soña mozas conquistas, “una morena y una rubia…”, modistillas que se deixan querer e celos, moitos celos, de Julián con Susana… “ ¿Dónde vas con mantón de Manila…?

Todo o tipismo dun Madrid castizo, real ou soñado, cun escenario que fai que nos sintamos en plano barrio de Lavapiés, ou de La Latina… Un vestiario mimado, cinguindo as cinturas femininas, e estilizando os varonís chulapos que silabean para darse importancia, coma dicindo, Aquí estou eu! Para esta obra cumbre do “xénero chico”, esa luz que ilumina unha partida de cartas, á porta da taberna, e eses farois madrileños que pintan unha noite de Verbena de La Paloma.

Non hai número musical desta obra que non sexa inmediatamente recoñecido polo público, dende o preludio, ata o famoso dúo de Julián e Susana, pasando polas coplas de Don Hilarión e o concertante “Hoy las ciencias adelantan que es una barbaridad…”