Prezo: De balde con convite.
DATAS E HORARIOS
- Xoves, 25 de Marzo de 2021 | 19:00
FICHA ARTÍSTICA
(Español)
- Dirección: Paula Cons.
- Guión: Paula Cons, Luis Marías.
- Intérpretes: Nerea Barros, Aitor Luna, Darío Grandinetti, Victoria Teijeiro, Ana Oca, María Costas, Milo Taboada, Celso Bugallo, Machi Salgado, Leire Berrocal, Javier Tolosa, Sergio Quintana, Miguel Borines, Roberto Leal, Ana Santos, Mela Casal.
A illa das mentiras
A noite do 2 de xaneiro de 1921 durante unha treboada o vapor Santa Isabel cargado con 269 persoas e con destino a Bos Aires choca contra as rochas da Illa de Sálvora. Tomás, o xove fareiro da Illa escoita os berros e acode correndo á aldea para pedir axuda. Na Illa esa noite non hai homes, están celebrando o aninovo en terra firme. A esperanza de salvarse para os pasaxeiros está nas mulleres, vellos e nenos que hai na illa. Así que 3 mulleres novas, María, Josefa e Cipriana, bótanse ao mar nunha dorna polbeira. Remando de oído sen ver nada en medio da néboa e as terribles ondas, loitando contra os propios náufragos que están a piques de tiralas ao mar varias veces, conseguen salvar a case 50 persoas. Para os xornais e o público acaban de nacer unhas ‘heroínas’. Esa mesma noite o garda da illa é asasinado nas rochas ao pé do mar en medio dun forcexo coas propias María e Josefa. As dúas van pagar moi caro ambas accións. O naufraxio do vapor non só se leva por diante a morte de 213 persoas, senón a tranquilidade e calma da pequena illa de Sálvora.