Prezo: De balde ata completar aforo.
DATAS E HORARIOS
- Domingo, 1 de Setembro de 2024 | 19:00
FICHA ARTÍSTICA
- Irene Mas Salom, soprano
- Raquel Mendes, soprano
- Vincent Lièvre-Picard, tenor
- Fernando Guimarães, tenor
- Gabriele Lombardi, baixo
- Belisana Ruiz, vihuela
- Albert Recasens, dirección
- Actor: Luís Iglesia
La Grande Chapelle | Francisco Guerrero e o seu tempo. Música e poesía do Renacemento español
La Grande Chapelle é un prestixioso conxunto de música antiga fundado e dirixido por Albert Recasens, especializado na interpretación de música vocal e instrumental do Renacemento e do Barroco temperán. A formación goza dun gran recoñecemento internacional polas súas interpretacións e o seu alto nivel artístico e ten actuado en importantes festivais e escenarios de música antiga en toda Europa e América. Ademais do seu traballo interpretativo, La Grande Chapelle destaca tamén polo seu labor de investigación e recuperación do patrimonio musical antigo, pois desenterra obras pouco coñecidas e reconstrúe repertorios esquecidos. A súa contribución ao mundo da música antiga foi, e segue a ser, inestimable para entender e apreciar mellor o rico legado da música de épocas pasadas.
O concerto inaugural de Espazos Sonoros comeza ás 20 horas, pero antes, ás 19.00 h, haberá un espazo de conversa e preparación para a escoita con Albert Recasens e o filólogo Guillermo Fernández Rodríguez-Escalona.