Teatro

JUDY GARLAND, ALÉN DO ARCO DA VELLA. Ciclo Colón Queer 2017

Logotipos_Colon_Queer

Todos somos Judy. Judy Garland pasou pola vida buscando un motivo para pasar pola vida. É un deporte perigoso. Buscar un motivo para vivir é un deporte de alto risco. Un pode chegar á conclusión de que a vida non ten sentido.

Todos somos Judy. Todos buscamos sentirnos queridos. Achegámonos á persoa equivocada, afastámonos da persoa que puidese ternos amado, asasinamos a esperanza da verdade. Todos desexamos o ben aos demais, pensamos que a nosa viaxe polo mundo é unha viaxe especial. Todos quixemos bicar as estrelas; todos quixemos nalgún momento ser unha estrela.

Todos somos Judy Garland, por iso, faremos unha viaxe á beira de Judy, aferrándonos forte á súa man diestra, sentindo a suor fría que emana antes do espectáculo. Judy só falará un instante. Rógase silencio para a súa actuación estelar. Mentres tanto, camiñaremos a súa viaxe polas baldosas amarelas, sen quitar a mirada da súa figura. Je suis Judy.

Prezo: 8€ (VR) / 10€
Duración: 70 Min.
Idioma: Gal.
Calificación: + 14

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 28 de Abril de 2017 | 21:00

FICHA ARTÍSTICA

ELENCO: ISABEL DE TORO. ESCRITO POR: OZKAR GALÁN. DIRECCIÓN: XOSÉ LEIS. TRADUCIÓN: ELISA SERRA. ESPAZO ESCÉNICO: AANTENA. AUDIOVISUAIS: IAGO VILARIÑO. ESPAZO SONORO: DRUM&ROLL STUDIOS. GRÁFICA: ISABEL DE TORO. IMAXE: LOSADASTYLE. PRODUCIÓN: BERNARDINO MARTÍNEZ. COLABORAN: COLON QUEER ALAS CORUÑA, SALA GURUGÚ, TEATRO COLÓN.