Ópera
EVENTO INFANTIL INFANTIL

IL CIRQUE D’AMORE

Unha obra de teatro e un recital de ópera ao tempo. A través dunha divertida historia chea de brincadeiras para nenos e adultos, dous cantantes e un pianista repasan un repertorio operístico ben popular.

 

Prezo: ANTES 21/02/2016: 3 € (VR) / 7 €. A PARTIR DE 22/02/2016: 5 € (VR) / 9 €
Duración: 50 minutos
Idioma: GAL
Calificación: +4

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 28 de Febreiro de 2016 | 18:00

SINOPSE

Micaela é a muller barbuda do Cirque d´Amore; nel limpa a pista, dá de comer aos elefantes, cociña para os artistas e baila para que o público se ria dela... Con axuda de Pierrot marchará do circo e coñecerá a Figaro, un barbeiro tolo que dará a Micaela confianza nela mesma.

Pero … conseguirá Micaela ser feliz? Mediante a interpretación en directo de fragmentos de coñecidas óperas, damos forma a 'Il Cirque d´Amore', onde un pianista, un barítono e unha soprano viaxaran co público por un fermoso repertorio musical acompañados dunha historia divertida e didáctica.



FICHA ARTÍSTICA

(Español) DIRECCIÓN MUSICAL: VICTORIA ÁLVAREZ ACÓN. DIRECCIÓN ESCÉNICA: PEPABLO PATIÑO. ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO: SPELA TROBEC. PIANO: JOSÉ MANUEL YÁÑEZ. BARÍTONO: MIGUEL ABALO. SOPRANO: VICTORIA ÁLVAREZ ACÓN.

SELECCIÓN MUSICAL: LA BOHÈME (PUCCINI), IL BARBIERE DI SIVIGLIA (ROSSINI), DON GIOVANNI (MOZART), L'ELISIR D'AMORE (DONIZETTI), LE NOZZE DI FIGARO (MOZART), LA SERVAPADRONA (PERGOLESI), DIE ZAUBERFLÖTE (MOZART).