Música

HISTORY OF ROCK

THE HISTORY OF ROCK é un espectáculo impactante e atronador que abarca dende as súas orixes no rock and roll durante a década dos 50, ata os nosos días. As máis grandes cancións do ROCK de todos os tempos interpretadas por un elenco de extraordinarias e poderosas voces de primeiro nivel que, acompañadas por unha potente banda de rock, formada por músicos internacionais que xiran por todo o mundo con artistas como Simple Minds, Joe Cocker, George Michael, Chris Rea, Mike Oldfield, Rick Wakeman, Robin Beck, etc., traerán ata nós a esencia do rock en estado puro.

THE HISTORY OF ROCK promete trasladar ao espectador a outra dimension onde alma e música van da man, creando un ambiente onde flúan as emocións, e onde a música e a enerxía que emanan dende o escenario convertan a experiencia en máxica, intensa e inesquecible.

O rock marcou a infinitas xeracións en todo o mundo. Non hai país ao alto e ancho do globo onde non chegara nalgunha das súas formas e variantes. Catro voces diferenciadas e unha rock band de auténtico luxo, uniranse para continuar a lenda musical máis grande nunca interpretada ou descubrir ou volver a gozar das maiors obras que nos deixou a música rock ao longo de todas estas décadas.

O espectáculo, ademais inclúe un amplo despregue técnico e escénico durante máis de dúas horas de show en vivo.
Estremecerate!!

DOSSIER

Prezo: 38€ / 35€
Duración: 180 minutos (descanso incluido)

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 21 de Outubro de 2016 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

MÚSICA INTERPRETADA POR: ONE WORLD SYMPHONIC ORCHESTRA. CANTANTES: THOMAS VIKSTRÖM, TOMMY HEART, MICHELE McCAIN, MATS LEVÉN, JAKOB STADELL.