DanzaMúsica

GRAN CONCIERTO DE AÑO NUEVO CON BALLET Y ORQUESTA EN DIRECTO

GRAN CONCERTO DE ANO NOVO 2016

Russian Grand Ballet e  Orquestra Filharmónica de Moldavia.

GRAND BALLET RUSO

O Gran Ballet Ruso foi fundado polas grandes escolas Rusas de Moscú, San Petersburgo e Kiev. Os principais bailaríns son os máis cualificados das grandes compañías e academias de ballet. Hoxe, o Gran Ballet Ruso é unha institución con máis de 50 brillantes bailaríns. O seu director artístico –Constantin Pinchuk está dedicado á tradición do Ballet Ruso Clásico. Gañou unha gran reputación de talento e versatilidade viaxando por todo o mundo cos ballets tradicionais e con divertimentos curtos. O repertorio do Gran Ballet Ruso contén obras mestras da coreografía mundial tales como: Giselle, O lago dos cisnes, O Quebranoces, Don Quijote, A Bela Adormecida e outros

ORQUESTRA FILHARMÓNICA DE MOLDAVIA

A Orquestra Filharmónica de Moldavia con sede en Chisinau fundouse hai setenta e cinco anos, o que a converte nunha das máis antigas institucións musicais de Moldavia e lévaa a ser depositaria do legado cultural moldavo, clásico e popular. Actualmente, a orquestra, dirixida por Mihail Agafita, converteuse nun soporte para todo tipo de producións artísticas, sendo esencial para óperas, ballets e para sesión de ‘masterclass’. Ao longo da súa historia, gravou un gran número de pezas para películas, aínda que tamén interpretou pezas modernas. A orquestra está formada por profesores, graduados das academias musicais e conservatorios de Moldavia, Ucrania e Rusia.

Mihail Agafita (director)

Mihail_Agafita

Coñecido coma un dos novos directores con máis talento en Europa, dirixiu máis de 500 concertos sinfónicos, óperas e representacións de ballet con compañías de Romanía, Moldavia, España, Finlandia, EEUU, Rusia, Ucraína e Bielorrusia, así como concertos en Grecia, Portugal, Italia, Francia, Mónaco ou Malta.

Entre as orquestras que dirixiu atópanse: a Orquestra Filharmónica de Moscova (Rusia), a Orquestra da Radio Nacional de Bucarest (Romanía), a Orquesta de Extremadura (España), a Orquestra do Ballet de Xeo de San Petersburgo (Rusia), a Orquestra da ópera e ballet de Chisinau (Moldavia), a Orquestra de Targu Mures e Oradea (Romanía) ou a Orquestra Sinfonietta (Finlandia), entre outras.

Prezo: ANTES DE 28/12/2015: 30 € (VR) / 35 €. A PARTIR DE 29/12/2015: 35 € (VR) / 37
Duración: 140 minutos (con descanso)

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Luns, 4 de Xaneiro de 2016 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

PRIMEIROS SOLISTAS CONVIDADOS: ILZE LIEPA, VERONICA IVANOVA, SERGEY KONONENKO, NIKITA SHCHEGLOV. BAIXO A DIRECCIÓN DE: MIHAIL AGAFITA. Interpretarán e bailarán os máis fermosos valses de TCHAIKOVSKY e STRAUSS.