Humor

GOYO JIMÉNEZ, ‘By the way’

Goyo Jiménez presenta o seu novo espectáculo en Galicia, titulado ‘Bytheway‘. O considerado por público e crítica como mellor monologuista cómico do país, deleitará ao público cos seus mellores momentos revisados dende o momento actual da súa vida. Non se trata dunha escolma ao uso, xa que nada en Goyo é usual, así que o espectador verase inmerso no porque dos monólogos e poderá volver a recordar algúns dos seus mellores momentos pero dende unha visión diferente e coma sempre con momentos novos e para esmendrellarse coa risa.

Por que esa fixación polos americanos? Por que cambiou despois de 10 anos e creou outros 5 espectáculos diferentes?

Neste espectáculo poderás rememorar os mellores monólogos de Goyo Jiménez explicados por el e como xa te terás dado conta con moitas novidades que aínda non viches en TV ou noutros espectáculos, xa que aquí poderás ver que o show cambia por días e cada día verás algo novo que non viras antes e que probablemente só o poidas ver ese día.

Todo isto coa barroca e exhaustiva posta en escena de Goyo Jiménez, quen explota de novo neste espectáculo todos os seus recursos expresivos do corpo e a voz ao servizo da diversión e a transmisión de emocións e sensacións, con detalle e virtuosismo. É esta particular forma de construír os seus one man shows, precisamente, a que lle valeu o recoñecemento de crítica e público.

Habitual do programa El Club de la Comedia, Goyo foi elixido como Mellor Monologuista polas audiencias da serie, ademais conta con máis de 400.000 seguidores en Twitter, e os extractos do seu anterior espectáculo ‘Aiguantulivinamerica‘, colgado en Youtube, recibiron máis de seis millóns de visitas. Coas súas actuacións en directo superou de longo a cifra do millón de espectadores, e nos cinco anos que leva actuando na Gran Vía de Madrid e no Paralel de Barcelona, non deixou de colgar o cartel de ‘entradas esgotadas’ cada semana.

Goyo_Jimenez

Prezo: ANTICIPADA: 15 € (VR) / 16 € / 19 €. DÍA FUNCIÓN: 15 € (VR) / 18 € / 21 €
Duración: 100 minutos
Idioma: CAS
Calificación: + 14

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 24 de Setembro de 2016 | 19:30
  • Sábado, 24 de Setembro de 2016 | 22:30
  • Domingo, 25 de Setembro de 2016 | 19:00