Maxia

GALICIA MAGIC FEST, I Gala Internacional de Ilusionismo

I Gala Internacional de ilusionismo Galicia Magic Fest. Cinco dos mellores magos do mundo asombrarante con números que conseguiron premios en todo o mundo. Maxia de grandes ilusións, espectacular, maxia con pombas de última xeración, maxia cómica, maxia visual, retos imposibles. Todo dirixido e presentado polo ilusionista galego Pedro Volta. Un show de maxia cos mellores ilusionistas do mundo deseñado para que toda a familia quede coa boca aberta. Con Yunke (Castellón), Huang Zheng (China), Charlie Mag (Barcelona), Disguido (Italia), Ta Na Manga (Portugal) e Pedro Volta.

DOSSIER