Maxia

Galicia Magic Fest

NADAL NO COLÓN

 

Polo Nadal sempre volve a maxia grazas ao festival internacional de ilusionismo Galicia Magic Fest que este ano chegará á súa sétima edición. Magos con premios internacionais e prestixio mundial chegados de diferentes países daranse cita nos teatros máis importantes de Galicia para deixar alucinados durante 90 minutos ao público galego cos seus importantes efectos de maxia e ilusionismo. Unha proposta para público familiar que xa ten unha gran tradición polo seu atractivo máxico nestas datas tan destacadas.

JUN WOO PARK (KOREA DO SUR)

Emoción ao contar en Galicia Magic Fest co actual mellor meigo do mundo na especialidade de manipulación. Súper top! Jun Woo Park gañou moitos concursos. Obtivo o primeiro lugar no Fism (Campionato Mundial de Maxia). O seu acto cativou a audiencias de todo o mundo en Got Talent Británico e Americano. Tamén estivo en Got Talent All Stars España nesta última edición. Non cho podes perder. Alucinarás! Segundo o xurado de America’s got talent é absolutamente brillante.

ERIC CHEIN (CHINA)

Tras varios anos tentándoo conseguímolo. Este Nadal poderedes ver en vivo e directo a Eric Chien na VII edición de Galicia Magic Fest, un dos magos que está a arrasar en todo o mundo en Got Talent. Estes son algúns dos seus logros:

2018 World Champion of Magic

Winner of Asia’s Got Talent S3

Winner of Britain’s Got Talent: The Ultimate Magician

America’s Got Talent All Stars. Pase de Ouro Got Talent All Stars España.

Será alucinante contar con esta estrela máxica en Galicia Magic Fest.

MICHAEK SZANIEL (FRANCIA)

Presentámosvos ao mago francés Michael Szanyiel. Un dos actos de maxia cómica máis aclamado dos últimos anos. Mikael é un director de orquestra excéntrico ao que lle suceden cousas moi máxicas. Gañador da Colombe D’or en Francia, o Premio Mundial en FISM 2006, e o Great Wall Cup en Pekin.

MAG MARÍN (CATALUÑA)

Gañador do programa de Televisión Española Pura Maxia.

Campión de España de grandes ilusións, campión francés e actual Mandake d’or Óscar da maxia en París. Percorreu os festivais máis importantes de maxia en Europa.

Divertido, dinámico e moi sorprendente a maxia que nos propón de grandes ilusións cun punto de vista único e moi persoal. Será espectacular a súa participación na VII edición de Galicia Magic Fest.

JESSICA GUL00MAL (ILLAS CANARIAS)

En Galicia Magic Fest sempre apostamos pola vangarda e que o público poida ver a arte do ilusionismo nas súas diferentes especialidades, estilos e formas. Para nós é súper importante que o público vexa o traballo de mulleres meigas tamén. Cada vez é máis común en televisión e sobre os escenarios de todo o mundo e teñen un gran talento. Estamos a vivir unha auténtica revolución na maxia e queremos compartila convosco. Desde a primeira edición sempre incorporamos ao cartel meigas, agás o ano pasado que non foi posible por axenda. Nesta edición, estamos moi contentos de contar con esta super meiga Premio Nacional de Maxia. Unha artista que busca saírse dos canons establecidos. Asesorada por prestixiosos magos e magas nacionais e internacionais, Jessica presenta este número de mentalismo co que foi galardoada en dúas ocacións. En 2022 convértese na primeira muller canaria en obter un premio nacional de maxia e a primeira maga española en alzarse con este premio na categoría de mentalismo.

PEDRO VOLTA (GALICIA)

Promotor e director artístico de Galicia Magic Fest. Pedro Volta é un dos ilusionistas galegos máis recoñecidos pola súa longa traxectoria cunha habilidade especial para contar historias máxicas e levar a maxia a un nivel de ciencia ficción.

Semifinalista de Got Talent España 5. Actualmente colabora cunha sección de maxia en Radio Galega e escribiu o libro de maxia O Pazo Máxico. Foi director artístico de grandes espectáculos como Hangar 52 Revolution do mago Yunke en IFEMA e de xira por 30 cidades de China. Tamén foi embaixador do Instituto Cervantes en Australia promocionando o castelán coa súa maxia e participado no Euro Kids Festival en Washington DC.

Un mestre de cerimonias que consegue que a maxia brille para que os mellores meigos do mundo luzan como se merecen nos teatros máis importantes de Galicia.

Prezo: 18€ | 20€ | 22€ | 26€



DATAS E HORARIOS

  • Martes, 2 de Xaneiro de 2024 | 18:00
  • Martes, 2 de Xaneiro de 2024 | 20:30
  • Mércores, 3 de Xaneiro de 2024 | 18:00
  • Mércores, 3 de Xaneiro de 2024 | 20:30