Música

Folk no Colón | Capercaillie

FOLK NO COLÓN

Unha das bandas máis lendarias da música celta mundial, Capercaillie, chega por fin a Galicia dentro do ciclo Folk no Colón, para ofrecer unha noite inesquecible de música enraizada, emocións profundas e sonoridades atlánticas.

Desde as Highlands escocesas ata os escenarios máis emblemáticos do planeta, Capercaillie leva máis de catro décadas reinventando e internacionalizando a música tradicional gaélica, con discos que marcaron un antes e un despois e coa voz marabillosa de Karen Matheson, descrita por Sean Connery como “unha gorxa tocada por Deus”.

Vive unha noite máxica coas melodías hipnóticas, os ritmos ancestrais e a forza viva da cultura celta nun espectáculo que celebra a tradición e a modernidade cunha elegancia única. Non perdas a oportunidade de escoitar en directo unha das bandas máis influíntes e admiradas da música celta contemporánea.