Humor

Fantastic Colofón

APRAZAMENTO:

Con motivo das restricións sanitarias a causa do COVID-19, aplázanse os espectáculos do Encontro Mundial de Humorismo (EMHU), que se realizará finalmente entre o 7 e o 16 de maio de 2021. 

As novas datas previstas son: 

Venres 07/05/2021 – 21:00h – Pantomima Full – Teatro Colón

Sábado 08/05/2021 – 19:30h y 22:30h – Humoris Causa – Palacio de la Ópera

Sábado 08/05/2021 – Programas Cadena Ser – Teatro Colón

Venres 14/05/2021 – 21:00 – Deforme Semanal – Teatro Colón

Sábado 15/05/2021 – 12:30 – Diario de una pulga – Teatro Colón 

Sábado 15/05/2021 – 20:30 – La Vida Moderna – Coliseum

Domingo 16/05/2021 – 20:00 – Fantastic Colofón – Teatro Colón

 

Para compras online: enviarase un comunicado a todos os compradores vía email dándolles as opcións de: reimprimir un novo tícket coa data actualizada ou solicitar a devolución do importe da entrada. 

En caso de que se adquirira máis dunha localidade, pode solicitarse a devolución parcial, de non todas as localidades adquiridas. 

O prazo máximo para a devolución das entradas adquiridas é de 1 mes. 

Para localidades adquiridas nas billeteiras: as persoas que desexen asistir ao evento na nova data, poderán facer uso dos tíckets que xa teñen. Aínda que figure a data inicialmente prevista, os tíckets serán válidos. 

As persoas que non desexen asistir deberán dirixirse á billeteira da praza de Ourense para a devolución desde o 15 de setembro ata o 15 de outubro de 2020. Se as localidades foron adquiridas con tarxeta de crédito, poden solicitar a devolución enviando un correo a imce@gestiontickets.online

indicando a referencia da súa entrada ou enviando unha imaxe da mesma. As devolucións realizaranse a través do mesmo medio de pago co que se realizou a compra. 

 ————

 

 

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO

 

Con motivo do estado de alarma decretado polo goberno a causa do COVID-19, este espectáculo foi aprazado, fixándose nova data para a celebración do mesmo, sempre que o estado de alarma xa non continúe en vigor nesta data, non se decrete un novo e/ou non se limite a realización de espectáculos en recintos pechados.

No caso de que non queira acudir na nova data establecida para a súa celebración, pode solicitar a devolución do importe da localidade no prazo máximo de 1 mes desde esta comunicación.

As persoas que desexen asistir ao evento na nova data poderán facer uso dos tickets que xa teñen ou proceder á reimpresión dos mesmos coa nova data.

Para as entradas compradas en taquilla, trala reapertura da mesma, habilitarse un prazo para atender ás posibles devolucións.

 

GALA FINAL E ENTREGA DE PREMIOS EMHU 2020

O Fantastic Colofon é o espectáculo de clausura do EMHU. Trátase dunha gala creada para o festival e da que só haberá unha representación. Non a podes perder!

Ademáis, no evento contaremos con David Perdomo, Luis Piedrahita (El Hormiguero e El Club de la Comedia) e Xosé Antonio Touriñán (Fariña y Land Rober). Este elenco de luxo citará a varios compañeiros/as de profesión para presentar un espectáculo único e exclusivo. Tras máis de dez días de actuacións en directo, encontros, mesas redondas, exposicións e estreas, esta gala corona o festival dende o Teatro Colón de A Coruña.

Ademáis, xa que temos nun mesmo teatro a David, a Touriñán e a Piedrahita rodeados de amigos e cameos, aproveitaremos para entregar os Premios EMHU aos artistas gañadores deste ano. Os Premios EMHU 2020 son o broche final do Encuentro Mundial de Humorismo e do Fantastic Colofon. Contaráse coa colaboración da Casa Museo Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo e da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.

**Por problemas de axenda motivados polo cambio de data, David Perdomo sustituirá a Silvia Abril.

Prezo: Anticipada: 20€ | 25€ | 27€
Billeteira: 22€ | 27€ | 29€

Duración: 90 minutos

Calificación: + 14

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 27 de Setembro de 2020 | 20:00