Maxia

JORGE BLASS, palabra de mago.

O Show
“A palabra de mago” é unha reflexión sobre o apaixonante mundo dos magos, Somos persoas honestas? Ou uns tramposos? Na idade media queimábannos na fogueira, no século XXI o público compra entradas para vernos en teatros, aínda que algúns magos deberían ser queimados fai tempo…

Somos auténticos manipuladores da percepción, o noso traballo consegue facerche ver e crer o que nunca viches, e esquecer aquilo que está diante dos teus narices. O certo é que aínda que xoguemos coas vosas mentes, somos xente de fiar, sempre avisamos de que te imos a enganar, e facémolo con coidado, sixilo. Delicadamente, durante 1 hora e media cada noite que presento o meu show, ilusiono a centos, ata miles de persoas que veñen gozar co mellor engano que poden experimentar, a maxia. Non te perdas todas as novas maxias que estou preparando, sorprenderante … “Palabra de mago” Jorge Blass.

“Palabra de mago” é o novo show do popular ilusionista Jorge Blass. Nesta proposta escénica Jorge explora a esencia da maxia, actualizando ao século XXI a arte da prestidixitación. Xa non se utilizan coellos ou varitas máxicas, senón Ipads ou teléfonos móbiles. Cunha posta en escena actual, empregando proxeccións audiovisuais e un trío de bailarinas completamente reinventadas respecto das clásicas axudantes de mago. O novo de Jorge Blass deixarate sen palabras, vivirás unha experiencia memorable e alucinarás coa súa extraordinaria forma de facer maxia.
“A súa maxia é distinta, espectacular” afirma o mestre da maxia Juan Tamariz. “

Prezo: 15€ (menores 12 anos) / 18€ (vr) / 28€ (30€ día evento) / 35€ (37€ día evento)
Duración: 90 MIN
Idioma: CAS
Calificación: +4

DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 29 de Decembro de 2016 | 20:30
  • Venres, 30 de Decembro de 2016 | 20:30
  • Venres, 30 de Decembro de 2016 | 18:00

FICHA ARTÍSTICA

DIRECCIÓN: JORGE BLASS. GUIÓN: J.J VAQUERO, JORGE BLASS. MÚSICA ORIXINAL: YADAM. COREOGRAFÍA: MARÍA RAYO. DESEÑO DE AUDIOVISUAIS: DANIEL FAJARDO. BAILARINAS: PATRICIA RAYO, SUSANA CANTOS, MIRIAM BRIT. ESTILISMO: J.CREW, LANDER URQUIJO, IÑIGO SADABA. IMAXE: EUGENIO RECUENCO, ERIC DOVER. DESEÑO DE CARTELERÍA: CARLOS BUENDIA. PRODUCIÓN: NAKA MÁRQUEZ. COMUNICACIÓN: MARGA MAYOR.