Teatro

Escándalo en palacio

¿Gústache a comedia elegante? ¿O humor intelixente? ¿A erótica do poder? Escándalo en Palacio é a mellor alta comedia que podes ver sobre un escenario. Dúas actuacións impresionantes de Xoán C. Mejuto e Iria Ares, as mellores críticas recibidas desde a súa estrea no Teatro Lara de Madrid e máis de 5.000 espectadores na xira de lanzamento de 2024.

Se queres risas E ALGO MÁIS, Escándalo en Palacio é A túa ALTA COMEDIA. Votes a quen votes, mesmo se non votas, Escándalo en Palacio vai impactarche.

O texto é unha idea orixinal de Pedro Ruiz, adaptada aos novos tempos por Estudo Momento. Unha sátira política brillante e incisiva con Intelixencia Artificial, Feak News, Redes Sociais, xornalistas-estrela, televisó, política… E moitas sorpresas máis!

Esta é a obra da que todo o mundo fala. 100×100 orixinal. 100×100 elegante. 100×100 hilarante.

Xoán C. Mejuto interpreta a Bernard Mathieu, un presidente en apertos que destaca polas súas habilidades á hora de aferrarse ao poder. A súa maior virtude? O engano. Iria Ares é Paola D´Angio, unha Primeira Dama que poñerá patas para arriba a todo un país. O seu maior defecto? A sinceridade.

O escándalo salta definitivamente cando a televisión emite en Prime time un vídeo do primeiro encontro sexual entre Bernard e Paola, cando o presidente aínda estaba casado coa súa primeira muller!

Bernard sabe que ten que DIMITIR, aínda que a palabra atragoareselle na garganta, Paola, en cambio, ve unha oportunidade única para mellorar a popularidade da parella presidencial. E o pobo? E a prensa? E o mundo da política? Se queres saber en que termina toda esta lea e cales son as artimañas do PODER e os seus mecanismos… Ven a ver Escándalo en palacio! O que verás aquí, non cho van a contar en ningún outro sitio…

QUE EMPECE O SHOW!