Teatro

ENFRENTADOS, con ARTURO FERNÁNDEZ

Todo un reto a adaptación desta obra estreada en Broadway en 1980 que obtivo tantos e tan importantes premios e que foi estreada e actualmente reposta nos escenarios máis importantes do mundo. Seguramente tería sido unha tarefa innecesaria xa que a versión do gran actor francés Jean Piat, que recibiu o prestixioso Premio Moliére pola mesma como actor, adaptador e director era dificilmente superable.
Pero, sen dúbida, a figura do Papa Francisco fixo que o contido desta comedia, -tan chea de humor e ironía, como de situación, texto e pensamento-, tomara vixencia e interese renovado que facía preciso se non unha adaptación si polo menos unha ‘revisión’.

Tentalo cando vai a ser interpretada, dirixida e producida por un esixente, persoalísimo actor da talla de Arturo Fernández engadía unha responsabilidade enorme á tarefa xa de seu difícil.

Só un elemento tranquilizador: os defectos nos que puidera incorrer a adaptación ían a ser moito menos perceptibles ante un duelo interpretativo desta magnitude no que o incombustible galán da nosa escena fíxose acompañar polo mozo, atractivo e gran actor que é David Boceta, co que xa conectou e compartiu carteleira na recente e enorme éxito de crítica e público que foi Ensayando Don Juan, de A. Boadella, así como polas coidadas e perfeccionistas postas en escena ás que Arturo Fernández nos ten acostumados.

Espero que gocen, rían, sorrían e se emocionen tanto coma eu coas visicitudes destes dous personaxes que se enfrontan e se admiran, que se miden e se valoran, que difiren e se atopan … Foi todo un luxo ‘revisalos’!

C. G. Llano

Prezo: 21 € (VR) / 24 €
Duración: 100 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Martes, 18 de Agosto de 2015 | 20:30
  • Mércores, 19 de Agosto de 2015 | 20:30
  • Xoves, 20 de Agosto de 2015 | 20:30
  • Venres, 21 de Agosto de 2015 | 20:30
  • Sábado, 22 de Agosto de 2015 | 19:00
  • Sábado, 22 de Agosto de 2015 | 22:00

SINOPSE

O padre José María é un sacerdote católico de gran carisma que probablemente estea chamado a maiores responsabilidades xerárquicas. Querido e admirado polos fregueses da súa parroquia situada nun dos barrios máis elegantes da cidade. Comparte as súas tarefas cun programa de televisión semanal no que se debaten temas de actualidade da igrexa. Está dotado dun gran sentido do humor e unha fina ironía e representa e cree nos valores tradicionais da igrexa.

A aparición do mozo Tomás, un seminarista apaixonado e rebelde vai a trastornar moitas cousas na Parroquia da Nosa Señora dando lugar a un enfrontamento que levará ao espectador da risa á tenrura durante toda a representación.



FICHA ARTÍSTICA

REPARTO: ARTURO FERNÁNDEZ, DAVID BOCETA. REXEDOR: SABINO BILBAO. ESCENOGRAFÍA: ANGÉLICA GUAGLIANONE. DECORADOS: ESCÉNICA INTEGRAL S.L. INFOGRAFÍA: ANTONIO MARTÍN CÓRDOBA. EBANISTERÍA: M DE M ESTUDIO –TALLER. ILUMINACIÓN: DANIEL BOSSIO. DIRECCIÓN DE ARTE: J. M. FERNÁNDEZ (COOL&MARBELOUS). SELECCIÓN MUSICAL: JOSÉ LUIS SALAS. SON: SONOMEDIA. PRODUCIÓN: JANDRO PRODUCCIONES S.A. DIRECCIÓN: ARTURO FERNÁNDEZ.

IDIOMA: CASTELÁN