Manu (Dani Rovira) traballa nun bar de praia e Klaus (Guillermo Francella) é un turista que non quere levantar o cu da última hamaca que falta por recoller. Aparentemente parece só o encontro casual de dous tipos totalmente opostos e condenados a non se entender. Mais Manu comeza a sospeitar que Klaus non está nesa praia por casualidade nin é quen dicía ser. A tensión sube entre eles, ata que Klaus lle fai a Manu unha desconcertante e perturbadora proposta.
En palabras do director, Javier Veiga, a película “fala do encontro fortuíto entre dous tipos incompatibles. Un que pasa pola vida sen facerse cargo de nada e con esa actitude irritante do ‘isto non é cousa miña’ ou ‘fale vostede co responsable; e outro ao que esa falta de responsabilidade é o que máis lle irrita na vida ata límites perigosos. Playa de Lobos pon o foco na importancia de asumir a responsabilidade de cada un, por pequena que sexa”.
EMHU | Playa de lobos